Cancelado o Festival Noroeste polas novas medidas sanitarias contra o coronavirus

O Concello da Coruña cancelou o Festival Noroeste Estrela Galicia, que comezaba na noite deste venres, tras as novas medidas sanitarias anunciadas polo Sergas este mediodía.

|

Sanidade cancela a celebración de festexos en 9 concellos da área sanitaria, o que impide un festival que xa apostara por reducir o seu formato respecto a outras edicións


O Concello da Coruña cancelou o Festival Noroeste Estrela Galicia, que comezaba na noite deste venres, tras as novas medidas sanitarias anunciadas polo Sergas este mediodía.


Festival Noroeste 2020 XS





Fontes municipais confirmaron a decisión e avanzan que están a estudar se anularán tamén o resto do programa de festas.


O programa do festival para esta noite incluía os concertos de Triángulo de Amor Bizarro na praza de María Pita ou de Laura Lamontagne&Picoamperio no parque de Santa Margarita, entre outros. Os eventos estendíanse ata o domingo pola noite nunha versión XS, reducida, do festival, que chegaba á súa edición número 34 este ano.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE