O SERGAS confina residencias, limita bares e reunións e prohíbe festas en zonas da Coruña

Como adiantou Galiciapress o luns, hai días que o número de novos casos superara o límite fixado polo propio SERGAS para poñer a área en alerta vermella e tomar medidas extra


|

A Xunta acaba de presentar novas medidas para combater o coronavirus na área sanitaria da Coruña. Como adiantou Galiciapress o luns, hai días que o número de novos casos superara o límite fixado polo propio SERGAS para poñer a área en alerta vermella e tomar medidas extra.




C4twL  (1)


Evolución de casos activos na área sanitaria da Coruña


Por agora non hai limitacións á mobilidade. Iso si, haberá outras moitas medidas. 


O conselleiro de Sanidade Vázquez Almuiña, en rolda de prensa ás 2 da tarde, recoñeceu incrementos importantes en varios municipios da Coruña, especialmente nas últimas doce horas. Un dos membros do comité de expertos apuntou a que teñen "dúbidas" de que haxa transmisión comunitaria.


PROTEXER AOS ANCIÁNS

En toda a área sanitaria, que comprende os concellos desde A Coruña ata Fiesterra, van confinar as residencias de anciáns. Non poderá haber visitas nin os residentes poderán saír a pasear. Ademais, a Xunta manda pechar todos os centros de día.


Ademais, en 9 concellos péchase o lecer nocturno para "limitar transmisión", por ver o SERGAS moitos positivos entre persoas mozas. Neses municipios os negocios deberán pechar á 1 da mañá.  Esta medida afecta a toda a comarca, é dicir, aos municipios de  A Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Abegondo, Carral, Bergondo e Sada.


A CIDADE E A SÚA PERIFERIA TENDRAN MÁIS LIMITACIÓNS

Nos catro concellos que están no "círculo directo da Coruña" limítase ao 50% o aforo en todas as actividades. O SERGAS circunscribe esta zona a catro municipios: A Coruña, Arteixo, Culleredo e Cambre. Neles, todas as actividades quedan limitadas ao 50% de aforo.


Nestes catro municipios non pode haber reunións de non conviventes superiores a 10 persoas. A Xunta limita así as  reunións privadas (de familiares, de amigos, etc) ; non afecta a reunións por exemplo de ámbito laboral, que iso si están limitadas polo 50% do aforo do recinto.


Ademais, prohíbense as festas e as verbenas nos 9 concellos da comarca, incluídos loxicamente os 4 da metrópoles citados como núcleo do brote. Suponse pois que suspenderá o Festival Noroeste na urbe. 


VIXENCIA, PRAZO e REVISIÓN

O conselleiro afirma que a Xunta xa comunicou as medidas á maioría das alcaldes. Fala de unha "fórmula preventiva" para tentar  controlar a expansión antes de que afecte o sistema sanitario. "Neste momento non ten practicamente afectación hospitalaria nas UCI", dixo Almuíña. Só hai paciente en UCI na Coruña por agora.


As medidas aplícase a partir das 12 horas da noite deste venres. Pola tarde, publicarase un DOG especial cos detalles. Como sucedeu no brote da Mariña, a Xunta revisaraas cada cinco días.


POR QUE NON O PASADO LUN S CANDO SE SUPEROU O LÍMITE?

A Xunta prepara unha reunión cos alcaldes para o vindeiro luns.


Nesa reunión a recado que se aboradará o atraso na posta en marcha destas medidas que, segundo o propio plan da Xunta, deberían comezar o luns ao superarse o límite máximo de novos positivos en tres días,  como adiantou hai cinco días Galiciapress.  






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE