​Os cibermercenarios unha pandemia moi perigosa

Carmen P. Flores

Din que a realidade moitas veces supera á ficción. A vida é como unha película cuxo guión en ocasións non se sabe quen o escribe. Estes días, o presidente do Parlamento catalán e posteriormente outros políticos denunciaron que foron espiados a través dos seus teléfonos móbiles por a  empresa NSO, propietaria do programa de espionaxe Pegasus, con sede en Israel. Feito que indignou non só aos afectados senón ás institucións e partidos políticos deste país. Pero este non é un caso illado, senón, segundo algúns especialistas, é unha práctica habitual no mundo.



Menores contido sexual movil




As novas tecnoloxías, o control delas e a apropiación indebida das mesma para fins ilícitos, non é un feito illado, non. A aparición dos cibermercenarios,nova figura delituosa ao servizo do mellor pagador. Estes novos delincuentes, din que proveñen dos antigos servizos secretos máis “avanzados” que se xubilaron e queren gañar moito diñeiro cos seus novos “oficios”. Non é unha broma e a quen corresponda algo terán que facer para frear esta carreira tola que deixa ao descuberto a intimidade das persoas. A fraxilidade e indefensión para as persoas que conleva a utilización dos avances tecnolóxicos é dunha gravidade extrema xa que están expostas, sen sabelo, a que uns individuos sen escrúpulos, aprópiense de todos os datos que queiran deles, e fágase unha utilización indebida deles.

.


O espionaxe pública, é utilizado, segundo din, polos gobernos para previr ataques terroristas ou loitar contra o narcotráfico. Desde fai xa uns cuantos anos, as a través dos seus teléfonos móbiles con teconlogías das empresas privadas como NSO Group ou Emiratí Dark Matter - hai moitas máis- son un claro exemplo da gran expansión do espionaxe privada en beneficio do que pague máis.


O caso dos políticos cataláns espiados, forma parte dunha peza de espionaxe masiva a máis de 1.400 teléfonos móbiles do todo o mundo que tivo lugar en 2019  e que está a ser investigado por unha xuíza norteamericana tras a denuncia presentada por WhatsApp quen acusaba a NSO Group de violar a Lei de fraude e abuso informático dese país. Quen está detrás desta operación delituosa?, din que un suposto grupo de empresarios israelitas.


O presidente do parlamento catalán, acusa desta operación ao CNI que segundo el dispón do programa.A demanda xa está posta e agora cabe esperar o resultado da investigación, cando termine.


A empresa NSO non é o primeiro conflito que ten polos seus “traballos”. A finais de 2017, o entón asesor do príncipe herdeiro de Arabia Saudita, Ao Qahtani dedicouse a perseguir disidentes do réxime por todo o mundo como parte duns grandes operativos de vixilancia, co que despois foi asasinado o xornalista, Amal Khashoggi, que tanta indignación produciu en todo o mundo, segundo publicou no seu día o diario The New York Times.


A primeiros deste ano, o NSO Group foi acusado de facerse pasar por Facebook para hackear obxectivos. Fíxoo mediante a creación dunha páxina web que parecía unha páxina de Facebook co obxectivo de enganar ás vítimas. .Pero é que hai dous anos, Amnistía Internacional tamén denunciaba as actuacións da empresa NSO por uso da súa tecnoloxía para espiar a xornalistas , disidentes e activistas de varios países. Tras este episodio a empresa comprometeuse a respectar os Dereitos Humanos e impedir o uso dos seus produtos para estes fins. 


Promesa que incumpriu porque fai tan só un mes, Amnistía denuncia que o xornalista marroquí Omar Radi estaba a ser espiado utilizándose tecnoloxía da empresa NSO. Os cibermercenarios seguen e seguirán campando ás súas anchas sen que de momento ninguén lles puxera cotos Avances tecnolóxicos cada día  que controlan a vida das persoas ata cando?.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE