Galicia En Común reclama a Feijóo que "deixe de xogar coa saúde" e que "da cara" sobre o rebrote en Lugo
O candidato de Galicia En Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, esixiu "transparencia" ao mandatario autonómico e aspirante á reelección, Alberto Núñez Feijóo, ante o rebrote de Covid-19 na comarca da Mariña luguesa, que excede xa a barreira do centenar de casos.
Gomez Reino lembra que hai eleccións agora porque Feijóo así as convocou para favorecer os seus "intereses electorais"
Así o dixo nun mitin celebrado en Vigo na mañá deste domingo en Vigo, onde foi arroupado polo vicepresidente segundo do Goberno e líder do seu partido, Pablo Iglesias, nun acto público que congregou a 300 persoas (máximo permitido polas normativas que marca a pandemia) no Auditorio do Mar da cidade olívica.
YOLANDA DÍAZ
O mitin, no que tamén estivo a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, ademais doutros membros da candiadtura como Martiño Noriega, Eva Solla, Marcos Cal e Iria Figueroa, que arracó ao mesmo tempo que a Consellería de Sanidade anunciaba o peche durante cinco días dos accesos á comarca da Mariña, no norte da provincia de Lugo, ante a expansión de infectados por coronavirus.Unha situación sobre a que Gómez-Reino demandou "transparencia, apoios e medios" para a cidadanía da Mariña por parte dun Goberno galego presidido Alberto Núñez Feijóo, a quen o candidato da alianza de esquerdas lembrou que estas eleccións, di, celébranse por "os seus intereses electorais".
Neste sentido, pediu a Feijóo que "deixe de facer política partidista coa saúde dos galegos e coa xente da Mariña" e que "dunha vez por todas dea a cara" ante unha situación "que se podería evitar".
Escribe o teu comentario