Detido por homicidio de hai un ano no Parque de San Lázaro de Ourense
Un home foi detido o pasado martes tras unha investigación por un homicidio imprudente que se produciu hai case un ano no Parque de San Lázaro da cidade de Ourense.
O pasado verán apareceu un home sangrando pola boca tirado no Parque de San Lázaro. Esta semana a Policía Nacional ha detido a un vasco con numerosos antecedentes previos.
Os feitos remóntanse ao 1 de xullo de 2019. Sobre as 15,45 horas, o 091 recibiu unha chamada alertando dun home ferido na zona, que sangraba abundantemente pola boca. Unha vez no lugar, os efectivos desprazados comprobaron que o home estaba falecido.
O Grupo de Udev iniciou unha investigación para pescudar as circunstancias da morte, na que se determinou que fora golpeado por outro home (coñecido no ámbito policial), que lle provocou as feridas que ocasionaron a súa morte.
Finalmente, o sospeitoso foi localizado durante a mañá do día 23, e detido por axentes da Policía Nacional. En concreto, trátase dun home de 45 anos, natural de Eibar (Guipúscoa), con seis detencións anteriores. Tras o seu paso a disposición xudicial, o sospeitoso quedou en liberdade.
Escribe o teu comentario