Ningún positivo máis no rebrote do Barbanza desde o domingo

|

A Consellería de Sanidade realizou tres PCR máis relacionadas co rebrote de coronavirus en Ribeira, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal. Segundo confirman fontes oficiais da Xunta a Galiciapress, ningunha deu positivo.


Como tampouco foi positivo o PCR pendente de onte, isto implica que o número de contagios segue sendo nove. 


Análise test Covid-19




Desde o pasado domingo non apareceron novos positivos. O brote detectouse o venres. Por agora a Xunta informa que realizou 107 probas PCR. 


Visto que Sanidade está a facer cada vez menos probas (13 antonte, 3 onte), isto implica que as autoridades peitearon se non toda a contorna social dos contaxiados, polo menos gran parte del. Como levamos tres xornadas sen novos positivos, pódese deducir que o brote pode estar camiño de ser controlado.


Agora ben, hai que lembrar que moitos dos contaxiados son asintomáticos pero contaxiosos. Así que un contaxio casual, fóra do grupo de contactos próximo dos positivos actuais, podería estar a se mover baixo o radar das autoridades sanitarias. Habitualmente, o COVID-19 tarda 14 días en dar síntomas, polo que non se pode dar por pechado o episodio aínda.


Segundo o SERGAS, todos os positivos ata o de agora eran familia ou amigos da familia do galego retornado de Brasil, posible paciente 0 do rebrote, aínda que el non deu síntomas e só deu positivo en anticorpos, non en PCR.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress