​Ribeira mantén a apertura dos seus parques infantís a pesar de ser o epicentro dun brote de Covid-19

A localidade barbancesa non cambia de parecer a pesar da alerta sanitaria na zona. Os parques infantís ribeirense volverán encherse de nenos a partir deste luns.


|

A localidade barbancesa non cambia de parecer a pesar da alerta sanitaria na zona. Os parques infantís ribeirense volverán encherse de nenos a partir deste luns.


Ribeira é, neste sentido, unha das excepcións na materia, xa que algúns gobernos locais aínda se mostran reticentes a permitir a reapertura das zonas de xogo. Santiago de Compostela, sen ir máis lonxe, prorrogou o seu peche ata xullo, momento no que os parques infantís reabrirán na capital galega.


Parque infantil

As zonas de xogo reabrirán paulatinamente en Galicia


A pesar da inquietude que se respira estes días en Ribeira, desde o Goberno local parecen abrazar a versión do SERGAS, que sostén que o brote está controlado e que se atallou a tempo. A pesar da rápida actuación dos servizos sanitarios, no municipio barbancés hai oito casos positivos de coronavirus e as autoridades sanitarias manteñen as pescudas á espera de saber se hai novos casos relacionados con este brote, cuxa fonte parece ser un home que chegou a Galicia desde Lisboa despois dunha estancia en Brasil.


Neste escenario, desde o Goberno ribeirense manteñen os seus plans de reabrir os seus parques, que hoxe volverán recibir visitantes despois de que fosen clausurados o pasado 13 de marzo. Máis de tres meses despois, os recintos de xogos serán o punto de encontro de moitos nenos e nenas, aínda que con algunhas restricións.


Os parques contarán con limitacións de aforo para evitar aglomeracións. O parque García Bayón, por exemplo, permitirá a entrada de 325 persoas como máximo. Ademais, os labores de desinfección que xa viñeron realizando nas zonas de xogo serán unha constante este verán para garantir a seguridade de todos os asistentes.


REPERTURAS EN XULLO, GRADUAIS, GASTOS DE 500.000 EUROS…

Aínda que a Xunta permite a apertura destas áreas lúdicas desde o pasado luns, moitos gobernos locais son remisos a abrir e avogan por non correr riscos nin ter présa cando se trata da saúde dos máis pequenos. En Santiago de Compostela, como na maioría das grandes urbes galegas, parecen non ter présa por reabrir estes recintos e programan a volta a normalidade nestas áreas para xullo. Con todo, o propio rexedor, Sánchez Bugallo, supeditou a súa reapertura a que os servizos municipais garantan o cumprimento da normativa en canto a desinfección e limpeza, polo que se isto non se cumpre podería dilatarse no tempo a súa reapertura.


Neste contexto, desde a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) critican os gastos extra que carrexa a reapertura dos parques atendendo ao decreto publicado pola Xunta. Sen apenas marxe de manobra e cuns recursos limitados, moitos concellos ampáranse no sobrecusto que supón a desinfección das zonas de xogo e a súa vixilancia para mantelos clausurados.


Nesta liña, o Goberno de Vigo foi o máis crítico. Desde a corporación de Abel Caballero manifestan que os labores de desinfección constarán á cidade olívica medio millón de euros ao mes, un gasto importante nas arcas viguesas e que o propio Caballero tachou de “inasumible”, a pesar de que os parques reabriron esta fin de semana.  


Ourense, Lugo e Ferrol xa realizaron os labores de desinfección e aos poucos van recuperando a normalidade nese ámbito, mentres que A Coruña aposta por unha reapertura gradual e en Pontevedra mantéñense á expectativa de cumprir todos os criterios para garantir a seguridade dos asistentes e cumprir os requisitos esixidos polo Goberno de Galicia. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE