O Concello da Coruña lembra que están prohibidas as fogueiras públicas, acceder ás praias e a música en vivo en San Juan

O Concello da Coruña non permitirá as fogueiras nos espazos públicos, a música en vivo, o corte de vías públicas nin o acceso ás praias da cidade. Si se autorizarán sardiñadas e churrascadas previa comunicación dos locais de hostalería.

|

O Goberno herculino realizou unha consulta á Xunta de Galicia sobre as actividades que estarán permitidas o día 23 de xuño, pero a alcaldesa, Inés Rey, emitirá un bando municipal para aclarar que se pode e que non se pode facer. 


As sardiñadas e churrascadas en locais de hostalería si estarán permitidas, pero os organizadores deben comunicarlle ao consistorio as súas intencións polo menos 24 horas antes do día 23 e estes recintos deberan seguir as normas de aforo marcadas pola nova normalidade. 



San juan




O Concello da Coruña non permitirá as fogueiras nos espazos públicos, a música en vivo, o corte de vías públicas nin o acceso ás praias da cidade. Si se autorizarán sardiñadas e churrascadas previa comunicación dos locais de hostalería.

Así o informou a alcaldesa, Inés Rey, a representantes de asociacións veciñais e de hostalería da cidade nunha reunión para trasladarlles as decisións do goberno municipal en relación coa celebración desta festa.

A rexedora lembrou os anuncios que xa se fixeron públicos como o peche das praias desde aproxidamente as nove da noite do día 23 e a prohibición de facer fogueiras non só nos areais, senón tamén en todo o termo municipal.



Ademais de insistir na necesidade de asumir que este ano o San Juan será diferente, apelou á responsabilidade individual e colectiva para evitar condutas que poñan en risco a saúde da veciñanza.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE