Galicia pasará do verán ao inverno en 24 horas: unha gran borrasca cubrirá toda a comunidade este xoves
Unha fronte de baixas presións aproxímase á comunidade galega e deixará a todos sen praias, sen terrazas e pendentes do paraugas e os abrigos.
Unha fronte de baixas presións aproxímase á comunidade galega e deixará a todos sen praias, sen terrazas e pendentes do paraugas e os abrigos.
Á choiva que acompañará a toda Galicia ao longo da fin de semana, súmase un descenso vertixinoso das temperaturas e ventos moi intensos, que se notarán especialmente no litoral.
Se ata o de agora Galicia viña gozando dunha primavera calorosa e que permitía visitar a praia día si día tamén, chegando mesmo a ser o mes de maio máis cálido da serie histórica, la situación vai cambiar radicalmente a partir deste xoves. Hoxe será, case con total seguridade, o último día de bo tempo desta semana.
Unha gran borrasca procedente de Islandia cubrirá toda a comunidade durante varios días e provocará unha importante baixada das temperaturas, ademais de traer consigo choivas intensas. A circulación da borrasca, de oeste a leste, deixará máis precipitacións na costa coruñesa, que tamén será a primeira en sufrir o impacto do temporal.
Esta situación de inestabilidade atmosférica perdurará ao longo de varios días e o bo tempo non regresará a Galicia ata ben entrada a semana que vén. Por agora, toca cambiar as toallas de praia polos chubasqueros, porque Galicia volve, durante uns días, ao inverno.
Escribe o teu comentario