A peor cifra de novos contagios desde fai dez días, indica a gráfica do coronavirus en Galicia

Os novos positivos por PCR, que é o indicador que primeiro nos alertará do esperado rebrote, duplícanse desde onte.


|

Os datos oficiais deste sábado non son especialmente bos en Galicia. Os novos positivos por PCR, que é o indicador que primeiro nos alertará do esperado rebrote, duplícanse desde onte. Unha subida que aínda non é alarmante, á espera de ver que sucede nas próximas xornadas.


Hoxe, por primeira vez desde o inicio da pandemia, o número de casos confirmados en Galicia supera os 11.000. 




POSITIVOS


Catorce novos casos foron confirmados o venres, o dobre que o xoves. Ata que punto é preocupante este repunte? É algo puntual?


Por agora non é especialmente significativo. Se abrimos o foco, algo que debemos facer sempre ao considerar as estatísticas, observamos que a media móbil a 7 días seguen por baixo dos 10 casos diarios. 




Así que, a pesar de que a cifra de hoxe é a peor desde fai dez días, non se pode dicir que haxa un repunte da epidemia.


Agora ben, comprobar que aínda se detectan 14 casos sintomáticos ou contactos con persoas sintomáticas débenos facer reflexionar. Hai que lembrar que a maioría dos contaxiados non teñen síntomas ou os teñen moi leves e, a pesar diso, son contaxiosos. Así que detrás deses 14 novos positivos de PCR, a proba máis fiable, hai seguramente moitas persoas infectadas.


A medida que avanza o desconfinamiento debemos fixarnos aínda máis neste indicador. En teoría, o SERGAS ten agora capacidade suficiente para realizarlle test PCR a calquera persoa con sintomología compatible. Así que se hai un rebrote, deseguido debería deixarse notar no indicador de novos contagios diarios detectados con esta proba, a máis fiable e que permite identificar os pacientes que teñen o virus activo.


LNTLd positivos diarios pcr en galicia




HOSPITALIZADOS E UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


O esperable é que o indicador de hospitalizados siga baixando polo menos ata unha semana despois de que a serie de novos positivos, no seu caso, repunte. Salvo que o SERGAS non sexa capaz de identificar o rebrote mediante test, claro.


Como agora xa non hai déficit de test PCR e os novos positivos levan tempo estabilizados, o esperable é que o número de hospitalizacións tamén sexa estable. E así é, esta serie leva  varios días cunha media móbil a 7 días de 4 ou 5 hospitalizados cada día. Onte houbo 5 ingresos en hospital por COVID-19, a maior cifra no últimas cinco xornadas.





RECUPERADOS E FALECIDOS


O ritmo de novos contagios é moi inferior ao ritmo de persoas que se curan, entre 70 e 100 recuperados cada día desta semana. Como ademais os novos hospitalizados andan sobre 5 ao día, isto implica que o sistema sanitario galego ten cada vez menos carga.


En Galicia, por agora superaron a enfermidade 9.684 persoas que deron positivo en PCR, case o 88% dos 11.000 casos detectados. 


O amargo cálculo de mortes lémbranos que o virus aínda non está derrotado de todo. Onte faleceron outras dúas persoas en hospitais de Galicia, elevando o cómputo oficial ata as 612. Na última semana faleceron cinco persoas no país.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE