Torre de Núñez garante a protección a miles de nenos e nenas coa súa colaboración con UNICEF
A empresa cárnica galega puxo en marcha unha iniciativa xunto á axencia das Nacións Unidas “co fin de paliar os efectos que a crise do coronavirus pode ter sobre a infancia”.
A empresa cárnica galega puxo en marcha unha iniciativa xunto á axencia das Nacións Unidas “co fin de paliar os efectos que a crise do coronavirus pode ter sobre a infancia”.
A empresa galega e UNICEF colaboran estreitamente
Da unión de Torre de Núñez e UNICEF beneficiaranse potencialmente miles de menores, que terán acceso ás 34.496 máscaras cirúrxicas para previr a transmisión e o contaxio do coronavirus.
Esta acción solidaria afianza aínda máis o compromiso da compañía galega coa infancia, ademais de dar “apoio a aquela parte da poboación máis vulnerable fronte á crise sanitaria e económica que estamos a sufrir”. “Aínda que é o momento de poñernos en marcha, de reactivarnos con responsabilidade, non podemos esquecer que aínda se necesita axuda e que hai moita xente que o está pasando mal”, advirte o xerente de Torre de Núñez, José Manuel Núñez.
Nesa liña, desde a dirección destacan que unha das prioridades da empresa “desde o inicio desta crise” foi “axudar na medida do posible”, especialmente “aos máis vulnerables”. Desa responsabilidade foron saíndo distintas accións sociais, realizadas tanto en Lugo, berce da compañía, como na periferia da cidade amurallada.
Escribe o teu comentario