Marcos de Quinto deixa Cidadáns polos apoios laranxas ao Goberno de España

De Quinto chamara recentemente "pallaso" ao vicepresidente Pablo Iglesias. Fichado no seu día por Albert Rivera, representaba a á máis liberal no económico do partido que agora dirixe Arrimadas.


|

De Quinto chamara recentemente "pallaso" ao vicepresidente Pablo Iglesias. Fichado no seu día por Albert Rivera, representaba a á máis liberal no económico do partido que agora dirixe Arrimadas.


O deputado de Cidadáns Marcos de Quinto.




O deputado de Cidadáns Marcos de Quinto comunicou hoxe á presidenta do partido, Inés Arrimadas, que decidiu deixar a formación política por "diferenzas con algunhas decisións", aínda que as recoñece como "lexítimas e democráticas". O anuncio prodúcese o mesmo día no que Cs anunciou un acordo co Goberno para apoiar outra prórroga de 15 días ao estado de alarma.


Así o expuxo na súa conta de Twitter, onde desexa o mellor a Cidadáns ao seguir creuendo que "é un partido absolutamente necesario" en España.



De Quinto non explica exactamente que decisións do partido son as que lle motivaron a dar este paso, pero anunciouno unhas horas despois de que o Goberno e a formación laranxa anunciasen un acordo para que Cidadáns apoie a prórroga do decreto de alarma. O deputado xa comunicou o seu malestar coa decisión do seu partido de apoiar a anterior prórroga do decreto de alarma que levou o Goberno ao Parlamento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE