Salvo na Coruña, baixan os casos activos de coronavirus todas as áreas do SERGAS

Segundo día de datos moi esperanzadores desde o SERGAS, aínda que nesta ocasión non todas as áreas galegas mostran un descenso. A Coruña, que levaba catro xornadas seguidas decrecendo no seu número de casos activos, hoxe suma dous novos positivos máis con respecto a onte. Mentres, Pontevedra e Lugo rebaixan as súas cifras e están preto de Ferrol, a primeira en deixar atrás as tres cifras. 




|

Segundo día de datos moi esperanzadores desde o SERGAS, aínda que nesta ocasión non todas as áreas galegas mostran un descenso. A Coruña, que levaba catro xornadas seguidas decrecendo no seu número de casos activos, hoxe suma dous novos positivos máis con respecto a onte. Mentres, Pontevedra e Lugo rebaixan as súas cifras e están preto de Ferrol, a primeira en deixar atrás as tres cifras. 




REPUNTE EN CORUÑA; CALMA EN VIGO E SANTIAGO




Este aumento no número de casos activos na área herculina non é especialmente preocupante, sobre todo se temos en conta que áreas como Vigo ou Santiago pegaron aceleróns hai uns días moi por encima dos dous novos casos diarios, con saltos de 85 novos casos nun só día no caso da área da cidade olívica e de 30 na área da capital, para acabar tendendo outra vez á baixa.


Con todo, non hai que baixar a garda en ningún momento e agora, nos primeiros días da desescalada, é fundamental extremar as precaucións ante o risco dun rebrote temperán da enfermidade. A hixiene e o respecto ás normas de distanciamento social son fundamentais nesta fase. Esta é a advertencia que realizou onte o Goberno de Galicia e que obrigou a varias cafeterías da Coruña a baixar de novo o enreixado "pola irresponsabilidade dunha minoría". 


O resto de áreas si arroxan moi bos rexistros segundo o Servizo Galego de Saúde. A situación en Vigo e Santiago apunta a estar controlada.


Vigo ve como o seu índice redúcese en 61 casos nas últimas 24 horas, mentres que a segunda perde 25 casos activos nun día, o que se traduce nos mellores datos da área compostelá desde que se chegou ao pico da epidemia. Desta forma, ambas parece deixar atrás as malas cifras que a semana pasada. 


O RESTO DE ÁREAS

Pola súa banda, Ourense suma xa 15 días seguidos en baixada, con 29 casos menos desde onte. Ourense é a única das áreas galegas que  non experimentou nin un só día de subida de casos activos, desde o cambio de metodoloxía nas contas do SERGAS. 


Mentres, Lugo e Pontevedra camiñan cara a poñerse por baixo do centenar de casos, onde xa está Ferrol. Á área da cidade do Lérez sepáranlle só unha decena de casos para logralo, despois de perder 13 positivos nun día, mentres que a área lucense está 24 dese obxectivo, tras ver aliviada a súa gráfica con nove casos menos. 


Ferrol é a única de todas que se atopa desde onte por baixo dos tres díxitos. Hoxe, despois de oito casos menos, son 79 os casos activos na área da cidade departamental. 


O número de casos activos de coronavirus en Galicia este mércores 13 de maio é de 2.179. Por áreas sanitarias, 532 pertencen á área de A Coruña, 124 de Lugo, 333 de Ourense, 110 de Pontevedra, 565 de Vigo, 436 de Santiago e 79 de Ferrol, segundo as cifras do SERGAS.


19Ngp coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (6)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE