Dispoñibles desde hoxe os subsidios para persoas empregadas do fogar e aquelas despedidas con contratos temporais

Os subsidios para persoas que perderon o seu traballo temporal e para persoas empregadas do fogar xa se poden solicitar, segundo informa a Delegación do Goberno. O prazo empeza este mes e finaliza un mes despois do fin da vixencia do estado de alarma.

|

Os subsidios para persoas que perderon o seu traballo temporal e para persoas empregadas do fogar xa se poden solicitar, segundo informa a Delegación do Goberno. O prazo empeza este mes e finaliza un mes despois do fin da vixencia do estado de alarma.


Empregada do fogar



Nun comunicado, sinala que esta medida enmárcase na liña de axudas do Executivo para "non deixar a ninguén atrás". Así, precisa que o Goberno creou unha nova axuda por emprego no fogar, que serve "a quen sufra un cesamento ou redución de actividade". Neste caso, está previsto que poidan percibir ata o 70% da súa base reguladora mentres dure esta situación.


Respecto diso, o delegado do Goberno, Javier Losada, aclara que as persoas que traballan no fogar poden continuar a súa actividade. Nese caso, se non alcanzan o salario mínimo interprofesional (SMI), poderán completalo con este subsidio. Se non seguen coa súa actividade, percibirán directamente o 70% da súa base reguladora.


Para tramitar a solicitude desta axuda debe facerse a través de Servizos Centrais. Por iso, non pode tramitarse nas oficinas do SEPE senón noutras que dispoñan de rexistro ou a través de Correos.


Ademais, existe unha achega para aquelas persoas que tiveses un

contrato temporal de duración de polo menos dous meses que quedase extinguido tras a declaración do estado de alarma e que non alcancen o período de cotización mínimo para percibir unha prestación por desemprego.

Poden percibir un subsidio extraordinario equivalente ao 80% do importe mensual do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem).Neste caso si é posible tramitalas polas canles e modelos habituais, como nas oficinas do SEPE. Para iso, existe un formulario para pedir cita previa na sede electrónica.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE