Morre un home tras a picadura dunha avespa velutina en Santiago
Un home de 54 anos de idade faleceu este domingo pasado despois de sufrir a picadura dunha avespa velutina na contorna da súa vivenda na parroquia de Villestro en Santiago de Compostela.
A corentena atrasou a eliminación de niños de velutina xusto na época na que a especie invasora empeza a contruirlos, polo que é probable que este ano se expanda
Vespa velutina atacando abella nunha foto de Danel Solabarrieta publicada na súa Flickr baixo licenza Creative Commons
Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, os feitos sucederon sobre as 11,25 horas deste domingo no lugar de Reborido, na parroquia compostelá de Villestro.
Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado para asistir ao home D.G.D., de 54 anos, ao que practicaron manobras de reanimación cardiopulmonar, pero finalmente o home faleceu no lugar, confirmaron fontes sanitarias.
Escribe o teu comentario