Repunte leve de hospitalizacións e ingresos en UCI por coronavirus en Galicia, indican as gráficas de hoxe


Os novos contagios seguen baixando, pero hai un pequeno aumento de persoas que necesitan unha cama de hospital ou ingresar en coidados intensivos, algo que podería ter que ver co significativo rebrote de positivos de mediados de abril. 


|

Os novos contagios seguen baixando, pero hai un pequeno aumento de persoas que necesitan unha cama de hospital ou ingresar en coidados intensivos, algo que podería ter que ver co significativo rebrote de positivos de mediados de abril. 


O total de casos confirmados en Galicia desde o inicio da crise é de 9.953, cifra que tamén inclúe aos positivos de anticorpos.




CONTAGIOS


Con só 40 novos positivos confirmados mediante PCR, Galicia rexistra o seu menor número de contagios desde o 12 de marzo, cando nin estivera de alarma.


Respecto a os contagios por anticorpos, os datos oficiais do ministerio non permiten contar cantos novos hai en Galicia.


O informe do Ministerio si inclúe hoxe na gráfica de Galicia unha barra azul, que apunta a que a Xunta notificou onte certa cantidade de positivos detectados por anticorpos. Cantos? Non hai cómputo numérico, pero probablemente sexan 100 ou menos. 


Son estes todos os positivos detectados mediante as ducias de miles de probas de anticorpos que está a facer o SERGAS? É imposible afirmalo, porque a Xunta aínda non publicou ningún dato do seu estudo serológico. 


Ademais, o cómputo global de contagios detectados por anticorpos descende, de 909 a 902, o que implica que alguén rectificou os datos.


En todo caso, máis aló da confusión xerada por eses aproximadamente 100 novos positivos detectados por anticorpos, a valoración xeral das cifras de hoxe é positiva. Os 40 casos de PCR confirma que a enfermidade está a baixar outro banzo máis, pois levamos xa cinco xornadas seguidas con 65 casos ou menos, cifras inferiores ás da semana pasada. 




HOSPITALIZADOS


2.792 persoas necesitaron unha cama de hospital en Galicia desde o inicio da crise. Hai un pequeno repunte no número de hospitalizacións diarias. Foron 5 antesdeayer, 8 onte e 10 hoxe. 


En todo caso, son cifras menores ou iguais ás da semana pasada, onde houbo un rango de hospitalizacións diarias de entre 15 e 10.


Unha boa noticia é o aumento de pacientes curados. Nun só día o Ministerio estima que hai 327 galegos enfermos menos, o mellor número do que levamos de mes.




UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


Tamén nas UCIs hai un pequeno repunte, igual que en hospitalizacións. É alarmante? Non, a penas son tres casos novos.


Agora ben, é algo anómalo. Desde que o SERGAS sufriu o pico de ingresos en coidados intensivos o 3 de abril, o decenso diario fora continuo, cunha soa leve parada o 24 de abril.


Unha hipótese para explicar a pequena subida de hoxe de hospitalizacións e ingresos en UCI sería relacionala co aumento de positivos a partir do 18 de abril, repunte impulsado en parte polos máis de 200 sanitarios contaxiados tras usar máscaras defectuosas.





MORTES


O cómputo de decesos elévase a 573, catro máis que onte. A cifra diaria de mortos en Galicia segue estabilizada, cun rango nas últimas xornadas de entre 8 e 2 falecidos diarios.


Uno dos catro óbitos de onte foi en unha residencia, na de Santa Teresa Jornet da Coruña, que está a rexistrar decesos case todos os días nas últimas xornadas. 


En total xa hai 130 falecidos en residencias. Se a eles súmaselles os decesos en hospitais de persoas que vivían ou traballaban en residencias, resulta que case a metade das mortes en Galicia (259) está relacionada cunha residencia ou centro asistencial. Iso a pesar de que a Xunta indica que só se contaxiaron o 2,2% do total de residentes.





 


DATOS A NIVEL ESTATAL


O número de falecidos diario en España é inferior aos 200 por terceira xornada seguida, algo inédito na serie estatística. O pequeno repunte de hoxe respecto a as dúas xornadas previas, con 185 falecidos, supón que a pandemia xa se cobrou 25.613 vidas en España. O descenso de óbitos diarios está a ser agonicamente lento.



A nivel de contagios, os novos positivos de hoxe son significativamente maiores aos de onte, cando houbo un número sorprendentemente baixo. Con todo, a evolución global segue apuntando a un descenso paulatino, é a terceira joranda con menos de 1.000 casos, algo que non pasaba desde o 11 de abril, tres días antes do estado de alarma.




NÚMERO DE TEST POR COMUNINDADES AUTÓNOMAS


Por comunidades autónomas, Galicia é agora a sexta que máis probas PCR realizou, en relación aos seus habitantes. 


Segundo informou o Ministerio de Sanidade, en Andalucía están a facerse 17,95 test por cada 1.000 habitantes; en Aragón 16,85; en Asturias 43,07; en Baleares 26,88; en Canarias 20,29; en Cantabria 41,40; en Castela e León 45,86; en Castela-A Mancha 33,61; en Cataluña 25,89; na Comunidade Valenciana 22,91; en Estremadura 24,63; en Galicia 35,51; en Madrid 35,69; en Murcia 13,80; en Navarra 44,56; no País Vasco 44,21; na Rioxa 80,30; en Ceuta 17,72; e en Melilla 30,37. 


Galicia sae moito peor parada na comparativa de test de anticorpos.





A nivel internacional, hai polo menos dous tres  países cunha cantidade de contagios preocupante. Brasil, Rusia e Turquía superan os 100.000 positivos confirmados e as súas epidemias parecen que aínda están a acelerar.





4uqPP casos activos de coronavirus en uci en galicia (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE