Galicia empeza a tentar curar o coronavirus con plasma de pacientes curados

O proceso enmárcase nunha investigación que busca obter evidencias científicas sobre a efectividade deste tratamento

|

Pode soar primitivo, pero transferir un compenente sanguíneo de enfermos recuperados a pacientes activos é unha das terapias máis prometedoras ata o de agora. O hospital CHUVI de Vigo é un dos primeiros en España en sumarse a estas probas. 


Carmen Albo plasma paciente 696x455


A doutor aAlbo, responsable de Hematoloxía no CHUVI nunha foto do SERGAS


O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) prevé comezar a utilizar plasma de pacientes de COVID-19 curados como terapia antiviral durante esta semana.


A OMS DI QUE É UNHA TERAPIA "POTENCIALMENTE ÚTIL"

Fuentes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) detallaron que un informe recente da Organización Mundial da Saúde (OMS) sinalou que os primeiros resultados do uso de plasma de convalecentes (CP) apuntaban que podía representar un tratamento "potencialmente útil para o COVID-19".

Por este motivo, en abril, o servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do Chuvi iniciou a selección dos posibles donadores de acordo con recomendacións dos criterios mínimos de seguridade e calidade que se deben respectar para a obtención de plasma de persoas convalecentes.

Así, estableceuse que lvos donadores deben contar cun diagnóstico de COVID-19 documentado por probas de laboratorio, ademais de presentar un bo estado de saúde e ser asintomáticos para colaborar na investigación. Tamén será preciso que transcorran catorce días desde que presenten un resultado negativo na proba de detección da enfermidade e que se recuperaron por completo.

EXTRACCIÓN
Deste xeito, hai semana e media, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da comunidade iniciou en Vigo a extracción de plasma de pacientes que se recuperaron da patoloxía. Este estudo iniciouse na urbe olívica, pero tamén se estenderá aos demais hospitais da comunidade.

En concreto, esta investigación púxose en marcha en virtude dunha orde da Consellería de Sanidade que estableceu os criterios precisos para desenvolver iniciativas de investigación en centros do Sergas durante a crise sanitaria.


PROCEDEMENTO 

A través de ADOS, a consellería colaborou cos hospitais públicos no deseño deste estudo co obxectivo de obter evidencias científicas en relación á utilización de plasma procedente de pacientes recuperados. Para iso, estableceuse un protocolo de doazón de plasma e unha determinación de anticorpos que bloquean o virus.

A axencia galega de doazón asumiu o tratamento das unidades de plasmaféresis e o seu procesamento. Estas foron criopreservadas e almacenáronse a -30 graos, mentres que a súa vida útil poderá alongarse ata os dous anos. A etiquetaxe do plasma obtido realízase de acordo cos estándares de calidade do Comité de Seguridade Transfusional do Ministerio de Sanidade e a súa utilización limitarase á investigación en pacientes con COVID-19.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE