O máis esencial é coidar de todos os membros da sociedade sen deixar a ninguén atrás. Porque somos un e xuntos somos máis fortes. Esta mensaxe de solidariedade é máis importante que nunca este Primeiro de Maio, Día do Traballo. Unha celebración que este ano será diferente, cun especial agradecemento a todos os traballadores, en especial aos profesionais do sector sanitario e en xeral dos servizos esenciais, incluídos os da subministración e saneamento da auga. É por iso tamén, un día especial para os empregados de Viaqua, cuxa vocación de servizo e o seu compromiso coa sociedade constitúen a mellor garantía para o bo funcionamento dun servizo básico e esencial como a auga. Nos momentos difíciles é cando máis valoramos aos que, tamén nun día como hoxe, están sempre ao noso carón.
A seguridade é fundamental en todas as operacións do grupo. Por iso, Viaqua e as empresas do Grupo Suez ao que pertence, en coordinación coas autoridades sanitarias e as administracións, reforzou medidas preventivas para protexer a saúde de todos os seus traballadores. Ao mesmo tempo, a compañía dotou dos medios adecuados para adaptar a operación, asegurando así a continuidade do servizo de augas e o correcto funcionamento das instalacións, desde as plantas de depuración e potabilización até toda a rede de subministración, facendo así posible que, cando se abra unha billa, a auga continúe chegando con normalidade aos fogares, aos hospitais e aos centros de actividade económica.
Unha medida destacada dentro do modelo de operación adaptada é a presenza permanente de traballadores nos puntos máis vitais para o ciclo da auga. Un sistema de equipos autónomos asegura as 24 horas do día, os sete días da semana, o funcionamento das plantas de tratamento de auga. O obxectivo é protexer a saúde dos traballadores, minimizando o risco de contaxio e garantindo a plena normalidade da subministración de auga potable e do saneamento, actividades declaradas servizos esenciais pola súa estreita relación coa saúde e a hixiene.
Este modo de presenza leva o confinamento e a adopción de medidas de autoprotección por parte dos operarios, que viven en autocaravanas dentro das instalacións mentres duran as súas quendas. A súa dedicación e profesionalidade, así como a do resto de empregados (os que manteñen as súas operacións a pé de rúa, os que seguen atendendo aos usuarios por vía telemática ou os que realizan o seu labor cotián a través do teletraballo) constitúe un dos principais activos do grupo.
Coidar da seguridade e a saúde dos traballadores é desde sempre unha prioridade para Viaqua. Esta tradúcese na mellora continua de todos os seus procedementos e en métodos rigorosos de seguimento e control
Nunha situación sen precedente como a actual o máis importante é ter capacidade de anticiparse e estar preparado para saber o que hai que facer en todo momento. Coidar da seguridade e a saúde dos traballadores é desde sempre unha prioridade para Viaqua. Esta tradúcese na mellora continua de todos os seus procedementos e en métodos rigorosos de seguimento e control. Unha experiencia e unha forma de facer que adquire nestes tempos maior relevancia. Hoxe, Día do Traballo (Primeiro de Maio), é o mellor momento para recoñecer e agradecer o gran labor que realiza este gran equipo de persoas. Grazas polo voso esforzo e compromiso.
Escribe o teu comentario