A Coruña segue sen aplanar de todo a súa curva de coronavirus, algo que xa lograron o resto de áreas

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización deste domingo ao mediodía, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.856, deles 1.644 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.307 da de Ourense, 568 da de Pontevedra, 1.211 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago, e 403 da de Ferrol.    


|

Por que  A Coruña continúa acumulando positivos de coronavirus a un ritmo visiblemente maior do resto de áreas sanitarias? Mesmo hoxe, cando os datos de Galicia en xeral son bos, son menos bos na zona herculina.


Esta é unha das preguntas que quizais poida responder o test masivo de anticorpos que está a realizar a Xunta. O resultado desta cuestión terá repercusións para o desconfinamiento. Onte o presidente do Goberno insistiu en que a desescalada será desigual en función da virulencia da epidemia en cada zona.



En teoría Ferrol, Pontevedra e Lugo parecen as mellor preparadas para levantar paulatinamente a corenta. As súas liñas de contagios están bastante aplanadas desde o día 4 de marzo, unhas tres semanas despois do inicio do estado de alarma. 


Incluso Vigo, aínda que non tanto, reflicte certa contención. Tamén Santiago, aínda que menos e desde hai non tanto tempo. 


QUE PASA NA CORUÑA?

O da Coruña non ten unha explicación evidente. Certo é que é a área onde xurdiu o primeiro positivo, pero a diferenza con Vigo foi de apenas uns días. Ademais, en teoría, se a pandemia chegou antes alí debería tamén apagarse alí antes que, por exemplo, en Ferrol, que é onde se rexistrou o positivo mais tardío.


Con todo, é evidente que non é así. A Coruña é de todas as áreas as que máis positivos rexistra, un liderado que só lle arrebatou brevemente Vigo cando explotaron os contagios masivos en residencias como Domusvi Cangas e Domusvi Barreiro.


Hoxe A Coruña cun aumento de 15 casos no cómputo de activos volve liderar o aumento galego de casos activos. Lonxe dos 8, 6 e 3  que sobe a estatística en Ourense, Santiago e Ferrol, respectivamente.


A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización deste domingo ao mediodía, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.856, deles 1.644 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.307 da de Ourense, 568 da de Pontevedra, 1.211 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago, e 403 da de Ferrol.  


 

Ksn5H casos de coronavirus por reas sanitarias de galicia (4)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE