Malas cifras do SERGAS: as áreas da Coruña e Vigo volven disparar os seus novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas


O coronavirus non está a remitir igual en todas as zonas de Galicia, que esta xornada suma 120 novos casos, igualando a cifra que arroxou o día 21 deste mes, a peor en semanas. A área sanitaria da Coruña é, con diferenza, a que máis preocupa: catro xornadas seguidas de escalada. Este día suma 45 novos casos, once máis que onte. Vigo, que parecia recuperar a normalidade, engadiu á súa lista 42 novos positivos


|

O coronavirus non está a remitir igual en todas as zonas de Galicia, que esta xornada suma 120 novos casos, igualando a cifra que arroxou o día 21 deste mes, a peor en semanas. A área sanitaria da Coruña é, con diferenza, a que máis preocupa: catro xornadas seguidas de escalada. Este día suma 45 novos casos, once máis que onte. Vigo, que parecia recuperar a normalidade, engadiu á súa lista 42 novos positivos


Tales diferenzas abren a porta a que, en teoría, a corentena póidase levantar antes nalgunhas zonas, en función dos resultados do test masivo de anticorpos que está a facer a Xunta.



Hai que lembrar que o SERGAS, ao contrario que o Ministerio, só conta casos activos, desagregando os casos de persoas falecidas e de pacientes recuperados. Por iso a cifra de casos positivos do Ministerio, que anda xa polos 9.000, sempre é superior á da Xunta.



A Coruña é desde o principio a área sanitaria máis afectada. E parece que vai seguir séndoo. Nunha semana o número de pacientes activos aumentou en máis de 200 persoas. 


Este sábado 25 de abril, os datos da Xunta significan 6.824 casos activos. Por áreas, 1.629 pertencen á área de A Coruña, 662 a Lugo, 1.299 a Ourense, 568 a Pontevedra, 1.211 a Vigo, 1.055 a Santiago e 400 a Ferrol. 


Coas áreas herculina e olívica disparadas, Galicia volve ver freada a súa desescalada, que ata hai unha semana parecía moi próxima. A maioría de áreas, aínda que non teñen uns datos tan malos como as dúas xa citadas, tampouco ofrecen gráficas moi alentadoras.


Pontevedra engade á súa listaxe 18 novos positivos e leva tres xornadas seguidas con quince ou máis novos casos. Lugo, pola súa banda, suma unha quincena de novos casos, e tres días con máis de trece positivos ao día. Ferrol, en cambio, só suma trece casos nas últimas 24 horas, pero son oito máis dos confirmados onte.   


Doutra banda, as mellores cifras chegan desde Ourense e Santiago de Compostela. A área auriense si parece recuperar a compostura despois dun inicio de semana preocupante. Hoxe os seus datos son negativos, con tres pacientes menos con respecto a onte. Mentres, a área da capital é a que leva ofrecendo mellores rexistros nos últimos días: tres casos menos o xoves, trece casos menos o venres e unha decena de casos menos este sábado. Unha redución considerable e constante en só tres días. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE