A área da Coruña segue coa súa preocupante escalada de novos casos de coronavirus; descensos en Vigo e Santiago


A escalada de novos positivos nas áreas galegas, como experimentaron Ourense e Vigo fai unhas xornadas, chegou ao área herculina. A Coruña experimenta un significativo repunte no número de novos positivos, vinculados con case total seguridade ás probas realizadas aos profesionais sanitarios que operaron o material defecutoso aos sanitarios que motivou a denuncia de profesionais e sindicatos. Desde que se detectou a deficiencia do material distribuído desde a Administración Pública, os positivos entre os sanitarios disparáronse de maneira exponencial.


|

A escalada de novos positivos nas áreas galegas, como experimentaron Ourense e Vigo fai unhas xornadas, chegou ao área herculina. A Coruña experimenta un significativo repunte no número de novos positivos, vinculados con case total seguridade ás probas realizadas aos profesionais sanitarios que operaron o material defecutoso aos sanitarios que motivou a denuncia de profesionais e sindicatos. Desde que se detectou a deficiencia do material distribuído desde a Administración Pública, os positivos entre os sanitarios disparáronse de maneira exponencial.



A área coruñesa súmase así aos repuntes das áreas olívica e auriense, que agora parecen recuperar a normalidade e mesmo arroxan cifras negativas, despois dunha escalada de casos similar á que vive hoxe A Coruña. 


Na área herculina hai un total de 65 novos positivos esta xornada, tan só tres menos que os rexistrados onte, cando supuxo a maior subida nun só día nesa área desde o 1 de abril, cando se confirmaron 89 novos casos. Naquel momento a crise das residencias explicaba os repuntes das cifras nas áreas sanitarias, e nesta ocasión hai que buscar o porqué nos test realizados aos sanitarios que veñen facendo desde a pasada fin de semana. Con todo, o total de casos nas áreas galegas parece relaxarse un pouco, cunha quincena menos de casos con respecto aos datos do mércores. Así, pasamos dos 118 casos de onte aos 103 novos casos de hoxe. 


“Algún test deu positivo”, recoñecía a fonte do CHUO que denunciaba que as máscaras retiradas (82.000 en total entre as que foran utilizadas e as que non), ademais de "filtrar", "se caían das orellas e cobren moi pouco a cara". A estratexia destes complexos hospitalarios pode asimilarse noutras áreas galegas para coñecer o estado dos seus profesionais sanitarios, o que explicaría o repunte no número de casos desde o sábado na maioría das áreas.


Á coruñesa súmase a área de Ferrol, que tamén leva uns días de escalada no seu número de casos. Aínda que menos pronunciada que a súa homóloga coruñesa, a área da cidade departamental leva tres xornadas por encima dos dez casos, algo que non ocorría desde o 5 de abril. Esta xornada chegou ao seu máximo desde o repunte de casos, con quince novos positivos


Lugo, pola súa banda, tamén rexistra unhas cifras que fan pensar nun pequeno repunte, aínda que no seu casos só suma trece novos casos. Pontevedra, con quince novos casos como Ferrol, é outra das áreas castigadas por este lixeiro repunte, aínda que tampouco é especialmente significativo.


Os mellores datos desta xornada chegan desde Ourense, Vigo e Santiago. Na área auriense non viron aumentada a súa estatística desde onte, polo que suma os mesmos 1.301 que acumulaba o pasado mércores. As que si ven minguadas as súas gráficas son as áreas de Vigo e Santiago, con cifras negativas: dous casos menos en Vigo; tres casos menos en Santiago


Este mércores 22 de abril hai 6.637 casos activos en toda Galicia. Por áreas sanitarias, 1.550 pertencen a o área de Coruña, 627 a Lugo, 1.301 a Ourense, 535 a Pontevedra, 1.164 a Vigo, 1.078 a Santiago e 382 a Ferrol.


Hai que lembrar que o SERGAS, ao contrario que o Ministerio, só conta casos activos, desagregando os casos de persoas falecidas e de pacientes recuperados. Por iso a cifra de casos positivos do Ministerio sempre é superior á da Xunta.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE