​Naturgy celebrará a súa Xunta Xeral de Accionista 2020, prevista como un encontro telemático

Motivada pola crise do coronavirus, a decisión de Naturgy é facilitar que a Xunta se celebre telemáticamente e “desaconsellar a asistencia física”. 


|

Motivada pola crise do coronavirus, a decisión de Naturgy é facilitar que a Xunta se celebre telemáticamente e “desaconsellar a asistencia física”.


Edificio da sede de Naturgy en Madrid.

Naturgy prevé que para entón sigan vixentes algunhas restricións do estado de alarma


A pesar da crise, algunhas empresas, como a enerxética Naturgy, víronse obrigadas a redobrar os seus esforzos para prestar un servizo esencial. A actividade, lonxe de pararse, volveuse frenética estas semanas, e Naturgy mesmo programou xa a súa Xunta Xeral de Accionistas para o 26 de maio, coa intención de que esta sexa totalmente telemática.


Programada nun principio para o pasado 17 de marzo, na compañía xa se propuxeron a celebración da mesma a distancia, co fin de evitar os problemas derivados do estado de alarma, que prevén que siga en pé para entón.


“Conforme ao informado pola compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), o consello de administración do grupo, co fin de protexer aos seus accionistas, empregados e todo o persoal involucrado na celebración da xunta, e dado o actual estado de alarma polo Covid-19 e ante a posibilidade de que na data prevista para a Asemblea persista esta situación excepcional ou algún tipo de limitación que afecte á mobilidade das persoas ou á súa capacidade de reunión, acordou desaconsellar a asistencia física”, anuncia Naturgy no seu comunicado.


Ademais, na misiva recomendan aos accionistas “que deleguen o seu voto con instrucións ou voten a distancia”, mecanismos que serán simplificados, ademais de seguir o encontro na web da compañía.


DIVIDENDO COMPLEMENTARIO

Un dos puntos que tratará Naturgy na Xunta será a aprobación do pago dos 0,010 euros como dividendo complementario, pendentes da proposta orixinal de 0,603 euros que se fixo previamente e do que a compañía deu luz verde só a 0,593 euros. “A compañía presidida por Francisco Reynés decidiu proceder ao seu pago co fin de evitar que esta crise sanitaria afectase negativamente aos seus accionistas, e en especial aos máis de 70.000 minoritarios”, sinala a nota.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE