A área sanitaria da Coruña dá o seu maior salto de novos positivos desde o 1 de abril, mentres Vigo e Ourense estabilízanse
Están relacionados os novos casos positivos rexistrados nalgunhas áreas galegas desde a retirada do material defecutoso aos sanitarios que motivou a denuncia que profesionais de enfermería fixeron a este medio onde aifrmaron que no CHUO realizáronse test ao persoal sanitario que usou ese material e que estivo en contacto cos pacientes con coronavirus? Aínda que en Ourense a situación parece normalizarse despois do repunte de onte, en Vigo a gráfica pegou un lixeiro salto, con 38 novos positivos.
A escalada de novos positivos nas áreas galegas, como experimentaron Ourense e Vigo estas tres últimas xornadas, chegou ao área herculina. A Coruña experimenta un significativo repunte no número de novos positivos, vinculados con case total seguridade ás probas realizadas aos profesionais sanitarios que operaron o material defecutoso aos sanitarios que motivou a denuncia de profesionais e sindicatos. Desde que se detectou a deficiencia do material distribuído desde a Administración Pública, os positivos entre os sanitarios disparáronse de maneira exponencial.
A área coruñesa súmase así aos repuntes das áreas olívica e auriense, que hoxe, despois de tres días con datos preocupantes, arroxan cifras que fan pensar na estabilidade das áreas, con catro casos en Vigo e oito en Ourense, onde onte déronse 50 novos positivos.
Na área herculina hai un total de 68 novos positivos esta xornada. Supón a maior subida nun só día nesa área desde o 1 de abril, cando se confirmaron 89 novos casos. Naquel momento a crise das residencias explicaba os repuntes das cifras nas áreas sanitarias, e nesta ocasión hai que buscar o porqué nos test realizados aos sanitarios que veñen facendo desde a pasada fin de semana. Tamén é o maior repunte no conxunto de áreas, con 118 novos casos, a maior crecida en semanas.
“Algún test deu positivo”, recoñecía a fonte do CHUO que denunciaba que as máscaras retiradas (82.000 en total entre as que foran utilizadas e as que non), ademais de "filtrar", "se caían das orellas e cobren moi pouco a cara". A estratexia destes complexos hospitalarios pode asimilarse noutras áreas galegas para coñecer o estado dos seus profesionais sanitarios, o que explicaría o repunte no número de casos desde o sábado na maioría das áreas.
No resto de áreas, a situación parece normalizada, despois de que o SERGAS informase de que se avaliou "á inmensa maioría" de sanitarios afectados polo material defectuoso. A área de Santiago é a que máis positivos rexistra este día despois da Coruña, con 18 novos casos, un máis que na xornada pasada. Séguelle Ferrol, con once novos casos, que pola contra supoñen un menos con respecto a onte.
Pontevedra, con cinco novos positivos, e Lugo, con catro, os mesmos que Vigo, son as áreas que menos creceron nas últimas 24 horas.
Este mércores 22 de abril hai 6.534 casos activos en toda Galicia. Por áreas sanitarias, 1.485 pertencen a o área de Coruña, 614 a Lugo, 1.301 a Ourense, 520 a Pontevedra, 1.166 a Vigo, 1.081 a Santiago e 367 a Ferrol.
Hai que lembrar que o SERGAS, ao contrario que o Ministerio, só conta casos activos, desagregando os casos de persoas falecidas e de pacientes recuperados. Por iso a cifra de casos positivos do Ministerio sempre é superior á da Xunta.
Escribe o teu comentario