Cumpre Galicia os requisitos da OMS para relaxar a corentena? O SERGAS debería facer máis test todos os días


Que requisitos debe cumprir un territorio antes de relaxar as medidas de confinamento? A Organización Mundial da Saúde publicou hai unha semana seis obxectivos que un territorio debese cumprir antes de exporse reducir a corentena.


|

Que requisitos debe cumprir un territorio antes de relaxar as medidas de confinamento? A Organización Mundial da Saúde publicou hai unha semana seis obxectivos que un territorio debese cumprir antes de exporse reducir a corentena.


Oms tedros adhanom ghebreyesus


Tedros Adhanom Ghebreyesu, director xeral da OMS, resumiu así estes seis requisitos:


1. A transmisión da enfermidade está baixo control.

2. Os sistemas de saúde son capaces de "detectar, probar, illar e tratar cada caso e rastrexar cada contacto"

3. Os riscos de brotes en lugares vulnerables, como fogares de anciáns, están minimizados

4. As escolas, os lugares de traballo e outros lugares esenciais han establecido medidas preventivas.

5. O risco de importar novos casos "pódese xestionar"

6. As comunidades están completamente informadas, comprometidas e capacitadas para vivir baixo unha nova normalidade.


Os baremos pódense consultar de forma máis extensa na páxina da OMS. 


Dado que o Goberno confirmou que o Estado de Alarma poderíase relaxar antes nalgúns sitios en función da situación de cada territorio, tras a prórroga de maio, xorde agora unha pregunta clave. Cumpre Galicia cos criterios da Organización Mundial da Saúde?


Aínda que eses baremos da OMS non son inflexibles, algúns de eles si que se traducen en cifras concretas. Así, os técnicos internacionais recomendan que non se debe obter máis dun 10% de test positivos entre todos os que se realizan a diario.


Ademais, investigadores da Universidade de Harvard estimaron que o número mínimo de probas debería ser 152 por cada 100.000 persoas todos os días. Como Galicia anda polos 2,69 millóns de habitantes, o SERGAS debería realizar aproximadamente 4.102 test todos as xornadas. 


En Galicia onte fixéronse 6.780 test PCR, antonte 3.924,  3.457 o sábado, o venres 2.858 e   o xoves 3.571. 


SÓ EMPEZAMOS A CUMPRIR ONTE

En conclusión, só o último día do pasadas seis xornadas Galicia cumpriu, e con fartura. Claro que o volume de test de onte pode ser excepcional, como se explica máis adiante.


A Organización Mundial da Saúde tamén cifra nun 10% a porcentaxe máxima de test que deben dar positivo para recomendar relaxar o distanciamento social. Onte houbo 120 positivos entre os  6.780 test realizados en Galicia, aproximadamente un 1,7%. Antonte, a porcentaxe de test positivos foi un 2,9%. O sábado, tamén un 2,9%. O venres, un 2,4%. O xoves, un 3,9%.


En conclusión, Galicia si que parece estar a cumprir este criterio de menos do 10% de positivos nos test diarios. O rango galego anda habitualmente aproximadamente entre o 2 e o 4%. E iso que os test non se fan á poboación en xeral, senón a grupos de risco, como os citados sanitarios que usaron material defectuoso ou residencias en centros para maiores.


NECESITAMOS FACER MÁIS TEST

O problema é que o número de probas que se fai habitualmente, entre 3.900 e 2.800 é insuficiente. Onte fixéronse moitas máis, case 6.800; pero puido ser para aclarar cantos sanitarios do SERGAS foran contaxiados polas máscaras defectuosas.


O resto de criterios da OMS son menos cuantificables e, por tanto, máis subxectivos. O SERGAS está en condición de "detectar, probar, illar e tratar cada caso e rastrexar cada contacto" cando nun só día, onte, aparecen 169 contagios novos? Parece dubidoso que Galicia poida rastrexar todos os contactos de 169 novas persoas nun só día..


En Galicia o risco de importar novos casos "pódese xestionar"? De manterse as fronteiras estatais pechadas e certas limitacións de viaxes entre autonomías, podería ser posible. 


As galegas están completamente informadas, comprometidas e capacitadas para vivir baixo unha nova normalidade? O compromiso da poboación é indubidable, visto o gran cumprimento da corentena. A cuestión pendente é que as autoridades aínda non se atreveron a perfilar como será esa "nova normalidade"


O que indica que o fin do confinamento aínda non está moi próximo.


"Os riscos de brotes en lugares vulnerables, como fogares de anciáns, están minimizados?". É Galicia aínda descubrimos brotes considerables en novas residencias de anciáns a semana pasada, aínda que polo menos nesta non nos levamos ningunha outra sorpresa negativa. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE