Repunte de casos de coronavirus en case todas as áreas sanitarias galegas, con Ourense á cabeza con medio centenar de novos positivos
Están relacionados os novos casos positivos rexistrados nalgunhas áreas galegas desde a retirada do material defecutoso aos sanitarios que motivou a denuncia que profesionais de enfermería fixeron a este medio onde aifrmaron que no CHUO realizáronse test ao persoal sanitario que usou ese material e que estivo en contacto cos pacientes con coronavirus? Aínda que en Ourense a situación parece normalizarse despois do repunte de onte, en Vigo a gráfica pegou un lixeiro salto, con 38 novos positivos.
Están relacionados os novos casos positivos rexistrados nalgunhas áreas galegas desde a retirada do material defecutoso aos sanitarios que motivou a denuncia que profesionais de enfermería fixeron a este medio onde aifrmaron que no CHUO realizáronse test ao persoal que usou ese material e que estivo en contacto cos pacientes con coronavirus?
Desde que se detectou a deficiencia do material distribuído desde a Administración Pública, os positivos entre os sanitarios disparáronse de maneira exponencial.
Onte mesmo constatábase o caso do Álvaro Cunqueiro, onde as probas a sanitarios arroxaron 24 novos positivos entre o persoal do complexo hospitalario. En Ourense, a cifra ascendeu a 28 despois dos test aos que foron sometidos os profesionais.
“Algún test deu positivo”, recoñecía a fonte do CHUO que denunciaba que as máscaras retiradas (82.000 en total entre as que foran utilizadas e as que non), ademais de "filtrar", "se caían das orellas e cobren moi pouco a cara". A estratexia destes complexos hospitalarios pode asimilarse noutras áreas galegas para coñecer o estado dos seus profesionais sanitarios, o que explicaría o repunte no número de casos desde o sábado na maioría das áreas.
Hoxe a máis castigada é, como xa ocorreu o domingo, Ourense, con medio centenar de novos casos. Aínda que a situación parecía normalizarse (pasou de 33 novos casos aos 10 de onte), hoxe a gráfica volve dispararse coas perores cifras desde o 6 de abril, cando se detectou un foco de contaxio nunha residencia.
Vigo, pola súa banda, pasa dos 38 novos casos de onte a unha vintena este martes. As cifras, aínda que positivas, seguen deixando entrever que os test realizados ao persoal médico poden engordar a cifra de profesional sanitario afectado pola enfermidade.
No resto de áreas, aínda que os datos son mellores, hai que ser especialmente cautelosos e esperar á realización de máis test, xa que algúns sindicatos como SATSE indicaban onte que non todas as áreas sanitarias concluíran os seus exames aos sanitarios. Ferrol tamén sofre un aumento desde onte, xa que triplica o seu número de novos positivos, pasando de catro aos doce de hoxe.
Santiago e Pontevedra tamén ven alterada a súa gráfica, con 17 e sete novos postivos. No outro lado da balanza atópanse as áreas de A Coruña e Lugo, as únicas, xunto con Vigo, que ven reducida a súa cifra de novos positivos desde onte. Así, a primeira pasa de 16 novos casos a só nove e a segunda de dez a cinco.
Este martes 21 de abril hai 6.416 casos activos en toda Galicia. Por áreas sanitarias, 1.417 pertencen a o área de Coruña, 610 a Lugo, 1.293 a Ourense, 515 a Pontevedra, 1.162 a Vigo, 1.063 a Santiago e 356 a Ferrol.
Hai que lembrar que o SERGAS, ao contrario que o Ministerio, só conta casos activos, desagregando os casos de persoas falecidas e de pacientes recuperados. Por iso a cifra de casos positivos do Ministerio sempre é superior á da Xunta.
Escribe o teu comentario