Os datos por áreas do SERGAS indican a menor crecida no número de novos casos nas últimas 24 horas desde o 9 de marzo

Os datos do SERGAS mostran uns datos realmente esperanzadores no conxunto de Galicia. Aínda que actualmente hai 6.147 casos activos, na última xornada a estatística só creceu en cinco novos casos segundo os datos do Servizo Galego de Saúde. 


|

Os datos do SERGAS mostran uns datos realmente esperanzadores no conxunto de Galicia. Aínda que actualmente hai 6.147 casos activos, na última xornada a estatística só creceu en cinco novos casos segundo os datos do Servizo Galego de Saúde. 


Onte eran 6.142 casos, polo que o crecemento nas últimas 24 horas apenas é significativo na gráfica galega. Só A Coruña supera a decena de novos casos, cun total de once desde onte, pero o descenso de casos noutras áreas axudan a compensar os novos positivos da área herculina. Con todo, a coruñesa é unha área que tamén ofrece datos positivos, xa que evidencia que logrou frear a escalada de casos que sufriu fai un par de xornadas, cando se disparou con máis de medio centenar de novos casos. 


Os datos do SERGAS indican que a tendencia galega segue sendo realmente prometedora área a área e que mellora co paso dos días, xa que no seu conxunto as áreas están próximas á estabilidade en canto ao número de novos positivos, o que deixa entrever que as estritas medidas de confinamento foron efectivas na comunidade.  


Con Coruña, só Pontevedra, Ferrol e Lugo aumentan a súa estatística, con dous novos casos con respecto ás dúas primeiras áreas e tres se nos referimos á área lucense. No últimos cinco días ningunha deu datos de novos positivos por encima de cinco casos nunha mesma xornada, polo que podemos falar dun estancamento no número de novos positivos ou mesmo dos primeiros pasos para o descenso da gráfica.

  

Os mellores datos esta xornada chegan desde Santiago de Compostela, que non variou a súa gráfica nas últimas 24 horas, e Ourense e Vigo, segunda e terceira área galega no referido a número total de casos. Estas áreas son as que arroxan datos negativos nesta xornada, cun descenso de sete e seis casos respectivamente con respecto aos número que ofrecía o venres


Este sábado 18 de abril hai 6.147 casos activos en toda Galicia. Por áreas sanitairas, 1.382 casos pertencen á área de Coruña, 594 a Lugo, 1.200 a Ourense, 507 a Pontevedra, 1.089 a Vigo, 1.030 a Santiago e 345 a Ferrol.


Hai que lembrar que o SERGAS, ao contrario que o Ministerio, só conta casos activos, desagregando os casos de persoas falecidas e de pacientes recuperados. Por iso a cifra de casos positivos do Ministerio sempre é superior á da Xunta.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE