Segundo día de repunte na gráfica de novos positivos en coronavirus en Galicia

O incremento de casos novos é limitado, de feito son cifras que a semana pasada houbesen suposto boas noticias. Con todo, hai que estar atentos porque este indicador é o primeiro que nos alertaría dunha temida reaceleración do COVID-19.


|

O incremento de casos novos é limitado, de feito son cifras que a semana pasada houbesen suposto boas noticias. Con todo, hai que estar atentos porque este indicador é o primeiro que nos alertaría dunha temida reaceleración do COVID-19.


As UCIS do Sergas seguen seguen gañando espazo, aos poucos, pero aliviándose máis cada día. Hoxe son outras cinco menos camas ocupadas en coidados intensivos por pacientes do COVID-19.  


Como non se produce un incremento desde o día 2 de abril e os 123 espazos ocupados por estes enfermos significan aproximadamente o 44% das camas UCIs dispoñibles, podemos asegurar con case toda seguridade que o SERGAS evitou o colapso dos coidados intensivos.





O número de novos positivos sobe en Galicia por segundo día consecutivo. Pasou de 103 a 111 e hoxe de 111 a 165. Todas elas son cifras que supuxesen boas noticias a semana pasada. Hoxe non tanto. 


O repunte segue sendo moi moderado, por agora. Hai que ter en conta, ademais, que Italia tamén sufriu varios repuntes sen que a tendencia xeral chegase a cambiar. 





En todo caso, parece claro que mentres sigan aparecendo brotes novos en residencias de anciáns a curva de positivos non descenderá tanto como nos gustaría. 


E seguen aparecendo brotes novos nos centros para maiores, onde unicamente o 40% foi testeado, a pesar da altísima incidencia da epidemia nas residencias, que supoñen xa máis do 20% das mortes.




Afortunadamente, este repunte prodúcese a un ritmo por agora moito menor do vertixinoso ascenso de finais de marzo, cando houbo xornadas de case 600 casos novos ao día. 




O incremento de hoxe é dun 2,1% respecto onte. Superior aos das dúas xornadas pasadas pero aínda lonxe dos da semana anterior.





Así as cousas, segue sen producirse o desexado aplanamiento total da gráfica logarítimica.



Nas mortes en Galicia tamén hai un repunte, ata as 11 en hospitais onte, pero xa sabemos que esta cifra é enganosa porque o Ministerio segue sen incorporar os mortos en residencias galegas, que xa son sobre o 25% do total, e cada día máis.


 



Tamén hai repunte  de novos casos a nivel español, maior que o galego. Os novos casos de onte e hoxe no Estado son propios de niveis da semana pasada


 Un factor que inflúe este repunte é que hai varias comunidades, entre as que non está Galicia, que empezan a remitir resultados de test rápidos de anticorpos. Probas que supoñen uns mil de entre os 5.183 casos detectados onte no España, segundo as cifras oficiais deste mércores publicadas polo Ministerio de Sanidade.


Galicia non é unha das autonomías que está a remitir a Madrid resultados dos test rápidos. San Caetano e Moncloa levan tempo encerellados nunha polémica pública sobre a fiabilidade dos mesmos. Si están a remitir resultados sobre test rápidos A Rioxa, Murcia, Aragón, Andalucía, Estremadura e Ceuta; as tres primeiras gobernadas polo PP.



Os falecidos en España hai unha semana que roldan os 500 - 600 diarios. Hoxe foron 551. Estça claro que o descenso da curva de mortaldade será moito máis lento do que foi o seu fulgurante ascenso.





A nivel internacional, Estados Unidos e Francia son os dous países onde o coronavirus está a provocar máis mortos cada día. En EE.UU. os falecidos suman uns 2.500 máis cada xornada, a pesar de que o presidente Trump insiste cada vez máis en relaxar as medidas de confinamento.


Os falecidos en Francia van camiño de ser máis que os de Italia e prosiblemente España. 





RObbg evoluci n de positivos de coronavirus en galicia nbsp  (3)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE