​A Zona Franca de Vigo acorda garantir o mantemento do parque empresarial durante tres meses

O Consorcio busca reducir ao mínimo os efectos que a crise do coronavirus teña sobre as empresas da cidade olívica. 


|

O Consorcio busca reducir ao mínimo os efectos que a crise do coronavirus teña sobre as empresas da cidade olívica.


Foto3



A principal preocupación das empresas da área de Vigo nestes momentos é o impacto inevitable que esta situación terá nos resultados económicos deste curso. Para tentar facer fronte aos danos, a Zona Franca ha anunciado a súa intención de duplicar durante o próximos tres meses a súa cota á comunidade de mantemento do parque empresarial, co obxectivo de aliviar esa carga ás compañías que alí se atopan.


A decisión chega despois da reunión entre o delegado e Secretario Xeral Provincial do PSOE, David Regades, co resto da xunta directiva da comunidade de propietarios de Porto do Molle. No encontro, Regades compartiu impresións con José Manuel Rouco, presidente da comunidade e de Marine Instruments, Pedro García-Trejo de GTG Enxeñeiros e vicepresidente da comunidade, Enrique Beiro, de Investimentos Vigo Real e Nacho de Francisco, de Fiba Cátering.



Unha vez que se normalice a situación, as empresas volverán realizar as súas achegas ata conseguir equilibrar as cotas comunitarias no horizonte do mes de outubro de 2021”, engaden desde Zona Franca.


CARNÉ SANITARIO

Doutra banda, na reunión tamén se deixou constancia que aquelas compañías de Porto Molle enfocadas ao sector industrial ven obrigadas a garantir a saúde dos seus empregados “para que estes poidan entrar a desenvolver o seu traballo nas plantas industriais para o que necesitarían facerlles probas para que poidan dispoñer do correspondente carné sanitario”.


Aínda que desde o Consorcio aínda non atoparon unha solución definitiva a este problema, Regades prometeu aos implicados que desde Zona Franca estudarán as distintas alternativas para atopar “unha solución colectiva”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE