Lugo acumula 72 horas sen aumentar o seu número de casos de coronavirus e en Vigo comezan a remitir

Os datos do SERGAS reflicten por terceira xornada consecutiva unha tendencia verdadeiramente prometedora na área sanitaria de Lugo, que no últimos tres días non aumentou o seu total de casos positivos nin unha soa vez. Nesta xornada tamén caeron os casos positivos nas áreas de Vigo e Ferrol. 


|

Os datos do SERGAS reflicten por terceira xornada consecutiva unha tendencia verdadeiramente prometedora na área sanitaria de Lugo, que no últimos tres días non aumentou o seu total de casos positivos nin unha soa vez. Nesta xornada tamén caeron os casos positivos nas áreas de Vigo e Ferrol.



Este luns os datos do SERGAS sinalan só 34 novos casos, 72 positivos menos que onte. Esta é a mellor cifra desde hai un mes. Aínda que Galicia leva xa seis xornadas de altibaixos, este martes as estatísticas son prometedoras no conxunto das áreas sanitarias, aínda que todas elas mantéñense en alerta ante un posible rebrote da enfermidade. Con todo, a evolución da gráfica indica que as medidas do confinamento ata o de agora deron os seus froitos.


Salvo Ourense, que segue fluctuando no seu número de casos novos e xa está a menos dun centenar de casos da Coruña, a área máis afectada, ningunha das demais áreas sanitarias ha aumentado o seu número de novos casos con respecto á xornada pasada. De feito, só Ourense supera a veitena de novos positivos este martes. 


Vigo é a área que experimenta a maior baixada, con trece casos menos, un descenso notable teniendo en cuenta os doce novos positivos declarados onte. Ferrol e Lugo tamén decreceron no seu número total de casos, cun caso menos en ambas as áreas. 


Con todo, desde Lugo chegan as mellores noticias outra xornada máis, e é que nesta zona non se declararon novos casos nas últimas 72 horas. Desde o sábado, que tocou o seu teito con 592 casos, Lugo reduciu o seu índice ata os 590 actuais, con tres días seguidos de estabilidade ou baixadas. 

 

Pola súa banda, A Coruña e Santiago se rexistraron casos novos, aínda que en ningún dos dous casos o repunte é especialemente significativo. A Coruña suma 19 positivos este martes, mentres que a área da capital soa seis. Pontevedra, doutra banda, engade tres novos casos ao seu haber.


A nota negativa da xornada volve ser Ourense, que aínda que non arroxa un panorama tan pesimista como a semana pasada, con tres xornadas seguidas por encima da corentena de casos, este martes volve ser a que ten peores rexistros, con 21 novos positivos, polo que a inestabilidade segue imperando na zona, onde se declararon recentemente novos casos en residencias para a terceira idade. 


Este martes 14 de abril hai 5.973 casos activos en toda Galicia. Por áreas sanitarias 1.271 corresponden a Coruña, 590 a Lugo, 1.187 a Ourense, 504 a Pontevedra, 1.077 a Vigo, 1.007 a Santiago e 337 a Ferrol.


Hai que lembrar que o SERGAS, ao contrario que o Ministerio, só conta casos activos, desagregando os casos de persoas falecidas e de pacientes recuperados. Por iso a cifra de casos positivos do Ministerio sempre é superior á da Xunta.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE