Coronavirus Galicia: Excelentes datos de novos contagios e as UCIs seguen baleirándose

Hai 23 días que Galicia non rexistraba tan poucos contagios, a penas 169 máis o sábado que o venres.


|

Afortunadamente as UCIS do SERGAS continúan gañando camas libres. Desde que as unidades de coidados intensivos alcanzaron o seu preocupante pico a principio de mes, hai 34 prazas menos ocupadas.


Isto pode deberse a pacientes que deixan de ser críticos pero tamén a falecementos e a menos ingresos. En todo caso, o importante é a tendencia xeral. As 140 camas ocupadas este sábado representan pouco máis do 50% das prazas dispoñibles tras dez días de alivio. No peor momento, chegaron a supoñer sobre o 65%




No referido a novos casos confirmados, os datos son excelentes. Hai 23 días que Galicia non rexistraba tan poucos contagios, a penas 169 máis este sábado respecto ao venres.


Parece así superado o pequeno repunte dos últimos días, aínda que aínda hai áreas sanitarias con crecementos preocupantes, descubertos a medida que se xeneralizan os test nas residencias de anciáns e persoas con discapacidade.



RObbg evoluci n de positivos de coronavirus en galicia nbsp


Coma se fose o perfil dun dos mastodónticos portos de montaña do Tour de Francia, a gráfica de casos acumulados continúa elevándose. A diferenza do ciclismo, coas pandemias nuncha hai  liña de meta, polo menos ata que toda a poboación sexa vacinada. Agora ben, as ramplas máis duras quedan xa unha semana atrás. Foi a semana anterior a aquela, a última de marzo, a máis problemática.





A freada apréciase máis facilmente na gráfica logarítimica. Notablemente na de Madrid, que chegou acumular incrementos diarios de 3.000 casos novos, cando hoxe estes reducíronse a uns 600. 




A notable freada en Galicia vese moi claramente na gráfica de variación relativa. O incremento de casos de onte é de só o 2,2%, cando houbo xornadas de saltos do 21%.




A cifra oficial de falecidos por coronavirus en Galicia segue ignorando aos mortos en residenciasPor iso o Ministerio conta 274 falecidos e a Xunta 347.  


Os 73 de diferenza son os que na nota de prensa do Sergas son citados como falecidos en residencias. Non foi ata este mércores que a Xunta publicou a suma de decesos en hospitais e  decesos en residencias. Antes levaba dúas contas separadas, unha o SERGAS e outra Política Social.


Por algun motivo, a suma de mortos en residencias segue sen trasladarse a a estatística oficial, que Santiago remite ao Ministerio.  A consecuencia é que o número oficial de galegos falecidos tras dar positivo de COVID é un 20% inferior aos contados pola propia Xunta. 


Descafeinar en número oficial de falecidos é algo grave política e moralmente. A nivel do estudo de tendencias estadísicas, a estas alturas ten unha menor importancia. 


Como é un erro que se arrastra desde o principio, a gráfica de decesos segue sendo válida para confirmar que o pico de falecidos por día fóra de residencias parece que quedou atrás:




Descafeinar os datos de mortos en Galicia implica descafeinar os datos de mortos en España. En todo caso, a gráfica estatal de decesos esta semana móvese entre os 750 - 510 , sensiblemebte inferior  ao rango de 800 - 950 dos peores días.Un descenso non moi pronunciando, o que alimenta dúbidas sobre a reapertura de traballos non esenciais este luns.




A freada si que é máis pronunciado en novos casos detectados en España. Esta semana movémonos entre 4.100 - 6.100 cando na peor semana movémonos/movémosnos entre 4.300 e 9.200.


Está claro, que se hai un repunte na pandemia por abrir traballos non esenciais, notarémolo en primeiro lugar na gráfica de novos positivos diario. Pero dado que a enfermidade tarda uns 5 - 7 días en mostrar síntomas, o  hipotético repunte non asomará nos datos ata unha semana despois.


A nivel internacional, Estados Unidos, Italia, Francia e o Reino Unido están a rexistrar agora peores cifras de mortos ao día que España. Entre as grandes potencias, as gran gañadoras por agora son sen dúbida China e Alemaña, se facemos caso dos datos oficiais.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE