A gráfica de novos casos de coronavirus en Galicia estabilízase ao redor dos 400 positivos ao día

A pesar desta suposta estabilización -porque cada vez hai máis dúbidas sobre a representatividade das cifras de positivos-, a autonomía suma xa máis de 4.400 positivos.A gráfica logarítimica da evolución de positivos mostra certa tendencia a aplanarse nas últimas xornadas, aínda que segue subindo.


|

En Galicia onte sumáronse 393 novos casos de coronavirus, segundo os datos oficiais que acaba de publicar o Ministerio de Sanidade. O ritmo de crecemento da epidemia leva así seis xornadas aumentando ao redor dos 400 casos diarios .





A pesar desta suposta estabilización -porque cada vez hai máis dúbidas sobre a representatividade das cifras de positivos-, a autonomía suma xa máis de 4.400 infectados. 







No país 259 persoas foron dadas de alta e 103 faleceron.


Galiciapress estimou no seu día que ao redor dos 7.000 positivos as UCI do SERGAS empezarían a sufrir problemas de ocupación. A este ritmo, chegariamos a esa cifra nunha semana. 


En Galicia hai 274 camas UCI, segundo datos da Xunta. O luns, o número de pacientes galegos que pasara polo hospital xa era case o 50% deses 274.  O Ministerio indica hoxe que precisaron coidados intensivos 158 galegos, o 57% das camas UCI dispoñibles no SERGAS.


As UCIs galegas poderían estar a gañar algo máis de tempo para prepararse, pois o incremento porcentual diario de casos está desacelerando. O incremento de hoxe do 9,7%:









A gráfica logarítmica da evolución de positivos mostra certa tendencia a aplanarse nas últimas xornadas, aínda que segue subindo. Son xa máis de 102.000 os infectados en España. Un terzo aproximadamente, uns 30.000, están en Madrid:


Tras as malas noticias de onte, o número de novos casos de hoxe contribúe a estabilizar aínda máis a gráfica de contagios diarios de España. Agora ben, a clave segue sendo o número de test por día que se fan, cifra que o Ministerio non facilita.




Un indicador en teoría máis fiable é o número de falecidos por día. A súa gráfica tamén leva estabilizada unhas cinco xornadas, o que permitiría algo de optimismo de non ser polo tráxico dos datos. España continúa rexistrando cada día uns 800 mortos por COVID-19, hoxe batendo o seu récord, con 849:




A nivel internacional, apréciase xa unha aceleración nas mortes diarias rexistradas tanto en Estados Unidos como no Reino Unido:



Made with Flourish



As mellores noticias veñen de Italia. A gráfica de novos casos ao día mostra volumes de fai doce xornadas. De ser representativos o número de test e por tanto o de positivos diarios, o país transalpino podería confirmar que deixou atrás o pico da epidemia:





RObbg evoluci n de positivos de coronavirus en galicia nbsp (3) 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE