Repuntan de novo os positivos na área da Coruña e seguen crecendo en Lugo, mentres baixan ou se estabilizan no resto de áreas

As áreas sanitarias de Santiago de Compostela e A Coruña apenas sofren variacións, con menos dunha vintena de positivos nas últimas 24 horas nos dous casos. En cambio, as áreas de Ferrol e Lugo sofren un repunte, con 51 e 82 novos casos respectivamente. 


|

A Coruña volve ser a área que rexistra máis positivos nas últimas 24 horas, con case 100 novos casos, un salto significativo teniendo en cuenta que onte só anunciou unha decena de novos casos. Lugo, en cambio, segue superando os seus propios récords de positivos. Santiago sobe con respecto onte, pero cunha variación pouco significativa. 




Ferrol foi a área sanitaria que rexistrou o primeiro contaxio máis tarde, o 9 de marzo. A Coruña, a que máis temperán, o 4 de marzo. En Vigo foi o 5 de marzo.


A Coruña, despois dun día de alentadora baixada, sofre un novo repunte con 89 novos casos, case un terzo dos rexistrados en Galicia nas últimas 24 horas. Santiago, en cambio, aínda que pasou dos 18 do martes aos 34 deste mércores, non sofre un aumento tan drástico como a área herculina. 


Lugo, con todo, segue crecendo día a día. O martes, con 82 novos casos, superou a súa propia marca, que este mércores volve quedar atrás con 85 positivos máis. 


CASOS CONFIRMADOS  POR ÁREAS SANITARIAS

Segundo reflicten as cifras do SERGAS, o número de casos de coronavirus en Galicia

ascende a 4.058. Por áreas, 906 pertencen a Coruña, 456 a Lugo, 559 a Ourense, 382 a Pontevedra, 955 a Vigo, 581 a Santiago e 219 a Ferrol.



A pesar das subidas na Coruña e Lugo, os datos son bastante esperanzadores e apuntan á estabilidade ou ao descenso no número de casos. Así, Vigo leva dous días de baixada paulatina, como Ourense, mentres que a área pontevedresa suma xa tres xornadas sen subir no seu número de casos. Ferrol, pola súa banda, pasou de medio centenar de infectados o martes a só unha decena en 24 horas. 








Pem0V novos casos diarios de coronavirus desde 13 03 2020 (4)


 

Pem0V novos casos diarios de coronavirus desde 13 03 2020 (2)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE