​Estrela Galicia rexeita facer un ERTE aos seus máis de mil empregados e pon de tope o 31 de maio

A cervexeira apela ao carácter familiar da compañía e manterá intacta o persoal, polo menos, durante dous meses. “Superarémolo xuntos”, transmiten desde Hijos de Rivera S.A.


|

A cervexeira apela ao carácter familiar da compañía e manterá intacta o persoal, polo menos, durante dous meses. “Superarémolo xuntos”, transmiten desde Hijos de Rivera S.A.



Estrela galicia

Fabricación de cervexas Estrela Galicia


A cervexa Estrela Galicia é, a día de hoxe, un dos produtos galegos bandeira no mercado, tanto a nivel nacional como internacionalmente. Hijos de Rivera S.A., empresa fabricante da bebida, así como da marca Cabreiroá, contan cun persoal de máis dun milleiro de profesionais que, de momento, teñen asegurados o seu posto de traballo.


A compañía rexeitou aplicar un ERTE e así o fixo saber a través dun comunicado do seu conselleiro delegado, Ignacio Rivera. “Como mínimo ata o 31 de maio resistiremos este envite e, a partir de aí, seguro que teremos moita máis e mellor información, e seguiremos tomando decisións que protexan e animen a todos os nosos empregados e colaboradores”, sinalan desde a compañía.


Como empresa do sector da alimentación, a aplicación do estado de alarma non tivo un efecto inmediato no día a día da compañía. Con todo, de prolongarse no tempo, a empresa non descarta ter que aplicar medidas que afectarían os empregados da cervexeira, xa que o peche de espazos do sector hostaleiro supón unha estocada importante para a empresa.


Nese sentido, recalcan que recuperar a actividade será unha tarefa difícil, pero que non é comparable aos momentos que xa superou a compañía no pasado. “Atravesamos guerras, epidemias e unha infinidade de dificultades ao longo dos nosos 114 anos de historia”, sostén a cervexeira.


Por todo isto, apelan ao seu carácter de “empresa familiar” para tentar disipar a “incerteza” na que viven moitos empregados. “Superarémolo xuntos”, conclúe o comunicado, que tamén transmite aos seus traballadores “moita forza, moito ánimo e, sobre todo, coidádevos moitos”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE