O material protector segue sen chegar mentres hai xa 10 policías nacionais contaxiados en Galicia, denuncia SUP

Un total de dez axentes da Policía Nacional en Galicia deron positivo por coronavirus e hai outros 75 en illamento por posible contaxio, segundo os datos facilitados polo tras a reunión por videoconferencia entre os sindicatos e o Xefe Superior de Policía de Galicia, José Luis Balseiro.


|

Un total de dez axentes da Policía Nacional en Galicia deron positivo por coronavirus e hai outros 75 en illamento por posible contaxio, segundo os datos facilitados polo tras a reunión por videoconferencia entre os sindicatos e o Xefe Superior de Policía de Galicia, José Luis Balseiro.


Policia nacional




Trátase do segundo encontro telemático entre os sindicatos policiais e a dirección da Policía Nacional en Galicia desde o inicio da crise do coronavirus, unha enfermidade que afecta xa a dez axentes que prestan servizo na Comunidade galega --cinco na Coruña, un en Pontevedra, un en Viveiro, un en Ourense, un en Ribeira e outro en Salvaterra--.

Así mesmo, segundo os datos facilitados ao termo da reunión, que inclúen a comisarías e Unidades de Intervención, outros 75 axentes están en illamento por posible contaxio. Deles, 22 xa fixeron a proba de diagnóstico: dez deron positivo, tres negativo e hai outros nove á espera de resultado.


Dos dez axentes infectados con COVID-19, un está ingresado no hospital da Coruña, mentres que os nove restantes atópanse nos seus domicilios, segundo concretaron a Europa Press fontes do Sindicato Unificado de Policía (SUP). Ademais, hai outros 16 axentes que se reincorporaron ás súas unidades tras dar negativo na proba do coronavirus.


MATERIAL DE PROTECCIÓN

Ademais dos casos de infectados entre membros do corpo, a reunión tamén tratou a demanda dos sindicatos, que insisten na necesidade de dotar de máis medios de protección aos axentes, especialmente en material como máscaras, luvas ou xel desinfectante.


Neste sentido, solicitaron que os axentes que prestan servizos operativos e de fronte ao público conten con pantallas de protección persoal. Así, segundo trasladou a Xefatura, adquiríronse biombos de metacrilato para instalar nas oficinas de atención ao púbico, onde se sinalizaron con cinta as distancias de separación mínima nos mostradores das comisarías.

En canto ás máscaras, as modelo 'ffp2' (de maior protección) están a distribuírse aos servizos prioritarios. Ademais, tamén se fixo entrega de "algúns" traxes EPI en función das unidades e servizos considerados de "maior risco", pois non hai existencias para dotar a todas as patrullas destes equipos.

Doutra banda, sindicatos e dirección abordaron outras propostas para tentar reducir os contagios entre axentes, como a "non realización" de reunións de persoal nun mesmo local ou a compra de termómetros infravermellos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE