Acelerón do coronavirus na Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense

Con todo, en Vigo produciuse un maior ascenso nos últimos días.Pola contra, a epidemia parece ir moito máis atrasada na área sanitaria de Ferrol.


|

A Coruña lidera o salto de covid-19 en Gaicia con 114 positivos detectados nun día, mentres Vigo e Lugo experimentan certo alivio. As gráficas de Santiago, Pontevedra e Ourense dispáranse. A de Ferrol mantense estable.


Desgraciadamente, A Coruña, Ourense, Santiago e Pontevedra baten a súa marca de casos rexistrados desde o inicio da pandemia:





Ferrol foi a área sanitaria que rexistrou o primeiro contaxio máis tarde, o 9 de marzo. A Coruña, a que máis temperán, o 4 de marzo. En Vigo foi o 5 de marzo. Por iso non é raro que Vigo e A Coruña sexan as máis afectadas. Tampouco serían raro que agora subise o ritmo de infección nas áreas ás que parece chegou mais tarde o COVID-19.


CASOS CONFIRMADOS  POR ÁREAS SANITARIAS


Segundo as cifras da Xunta deste venres, do total de 2.211 casos positivos de coronavirus en Galicia que conta a Xunta552 deles corresponden á área da Coruña; 140 á de Lugo; 302 á de Ourense; 260 á de Pontevedra; 509 á de Vigo; 388 á de Santiago e 60 á de Ferrol.  A Xunta -ao contrario que o Ministerio- desagrega casos curados, activos e falecidos.  





 

Pem0V novos casos diarios de coronavirus desde 13 03 2020



 






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE