ERTE para case 26.000 empregados do Corte Inglés

Asegura que é unha medida temporal e que non afectará o emprego, que se manterá intacto

|

A medida terá moita repercusión en Galicia, onde a cadea ten establecementos en todas as provincias. Haberá despedimentos en todos os departamentos, salvo por agora no hipermercado.


O Corte Inglés ha presentado este mércores ante o Ministerio de Traballo un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) por causa de forza maior para un total de 25.900 empregados, segundo informou a compañía nun comunicado.


Corte ínguas santiago



En Galicia, a cadea conta con centros nas catro provincias que van desde grandes superficies comerciais, pasando por outlets ou establecementos de Viaxes O Corte Inglés.

En concreto, a firma presidida por Marta Álvarez acolleuse ás medidas habilitadas polo Goberno e recollidas no Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma con motivo da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.

DESPEDIMENTOS EN CASE TODOS Os DEPARTAMENTOS
O ERTE afecta por tanto a case o 29% do persoal total do grupo, que ascende algo máis de 90.000 empregados. Así, veranse afectados 22.000 traballadores dos grandes almacéns do Corte Inglés, 2.000 empregados da cadea de moda Sfera e 1.900 empregados de Viaxes O Corte Inglés.

En todos os casos, a compañía comprometeuse a complementar as achegas que realice o Estado ata cubrir a totalidade do salario.

No caso da cadea de moda Sfera, que tivo que pechar as súas 102 tendas en España polo estado de alarma, o ERTE afectará a uns 2.000 empregados, mentres que na axencia de viaxes do xigante español da distribución veranse afectados 1.900 traballadores tras a situación xerada pola alarma sanitaria que impactou fortemente en todo o sector turístico e de viaxes.

En concreto, lafectar son profesionais que traballan nos establecementos a pé de rúa ou nos situados dentro dos centros comerciais do grupo.

SÓ ESTÁ ABERTO O HIPERMERCADO
Tras decretarse o estado de alarma en España para frear a expansión do coronavirus, o grupo O Corte Inglés viuse obrigado a pechar todos os seus centros en España, deixando unicamente operativas todas as súas áreas de alimentación e produtos de primeira necesidade.

Isto supón ter operativos ao redor de 300 establecementos comerciais que inclúen todos os supermercados Supercor, os hipermercados Hipercor, e as áreas de alimentación e gran consumo dos centros do Corte Inglés.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE