Dous novos casos elevan a catro o número de axentes galegos da Policía Nacional con coronavirus
Un total de catro axentes da Policía Nacional están infectados por coronavirus en Galicia, tras confirmase dous novos casos, un na Coruña e outro en Salvaterra de Miño (Pontevedra).
Segundo informou a Europa Press o SUP Galicia, un dos axentes infectados presta servizo na xefatura Superior de Policía da Coruña, nas Lonzas, e permanece ingresado no hospital.
Pola súa banda, o outro policía nacional que deu positivo nas probas de coronavirus trátase dun efectivo da comisaría de Salvaterra de Miño que permanece illado no seu domicilio.
Estes dous novos casos súmanse aos doutro axente, con destino na Coruña, que estaba a facer o curso para acceder á categoría de subinspector en Madrid e que actualmente permanece illado en Ourense.
Outro policía nacional galego, con destino en Madrid, permanece illado en Lugo tras comezar a presentar síntomas cando se atopaba nesta cidade e arroxar un resultado positivo nas probas.
Escribe o teu comentario