O Estado, preto de asumir o control de policías autonómicas e locais ante as protestas de Cataluña e Euskadi
En aplicación do estado de alarma para facer fronte á expansión do brote de coronavirus.
Un dos aspectos craves do borrador de Decreto de Alarma filtrado aos medios é que o Estado se fai co control nas políticas de sanidade, transporte e forzas de seguridade. Algo que xa atopou oposición tranto de Íñigo Urkullu como da Generalitat de Catalunya. "Coincidimos en que non podemos aceptar que o Goberno español confisque as nosas competencias", aseguran.
O Consello de Ministros deste sábado facultou ao titular do Interior, Fernando Grande-Marlaska, para tomar o control das policías autonómicas e locais en aplicación do estado de alarma para facer fronte á expansión do brote de coronavirus (Covid-19).
Mossos
Pode acordar de oficio o peche de estradas ou a restrición de vehículos e os axentes da autoridade identificar a persoas ou suspender actividades se contraveñen as prohibicións, ademais de ser mobilizados xunto ás Forzas Armadas para garantir a subministración alimentaria.
"Os integrantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, os Corpos de Policía das Comunidades Autónomas e das Corporacións Locais quedarán baixo as ordes directas do titular do Ministerio do Interior, para os efectos deste Real Decreto, en canto sexa necesario para a protección de persoas, bens e lugares podendo impoñerlles servizos extraordinarios pola súa duración ou pola súa natureza", segundo consta no borrador do Real Decreto.
O Goberno avisa que "a cidadanía ten o deber de colaborar e non obstaculizar o labor dos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións". Fixa que as comunidades autónomas con policía propia, como Catalunya ou País Vasco, establecerán mecanismos de ...
Escribe o teu comentario