Coronavirus: o positivo da Coruña está grave e dez sanitarios enviados ás súas casas para illarse

O home de 49 anos de idade que deu positivo por coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac), o primeiro en Galicia, permanece hospitalizado "estable dentro da gravidade".

|

O paciente chegou a urxencias á 1 da tarde do luns e a Xunta non informou oficialmente o positivo ata as 16:30 do mércores. Os sanitarios que o trataron forn enviados a casa pero non se lles fixo a proba de coronavirus pois estaban asintomáticos.


O home de 49 anos de idade que deu positivo por coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac), o primeiro en Galicia, permanece hospitalizado "estable dentro da gravidade".


Ambulancias no CHUAC nunha imaxe da CRTVG

Ambulancias no CHUAC nunha foto de CRTVG



Así o confirmaron este xoves a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade, que concretaron que o home se atopa en unha planta de hospitalización convencional.

Este paciente foi atendido este luns no servizo de Urxencias do Chuac, onde se activou na tarde dese día o protocolo para coronavirus. No marco do mesmo, sobre unha decena de traballadores foron enviados a illamento aos seus domicilios como medida preventiva.


ACUDIU A URXENCIAS O LUNS E ATA O MÉRCORES NON SE CONFIRMOU O POSITIVO

O paciente, residente en Madrid, chegou a Galicia nun coche compartido para unha entrevista de traballo. O luns, dada a súa sintomatoloxía, acudiu ao servizo de Urxencias do Hospital A Coruña ao redor das 13,00 horas.

Este paciente foi diagnosticado dunha pneumonía de orixe descoñecida, unha patoloxía ante a que o último protocolo acordado co Ministerio de Sanidade recomenda facer as probas para coronavirus.

Con iso, de forma preventiva, activouse na tarde do luns o protocolo de sospeita do COVID-19 e tomáronse as medidas de protección a profesionais e pacientes que estiveron en contacto con el en Urxencias.

Nun primeiro momento,as probas practicadas na Coruña non foron concluíntes, e remitíronse este martes ao Centro Nacional de Microbiología en Madrid para a súa análise, onde confirmaron o positivo a coronavirus.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE