O novo 'Tsar de Balaídos' vén co rifle calibrado
O gol de Smolov ao Real Madrid, que á sobremesas valeu un punto aos galegos, deu a volta a Rusia e a súa fichaxe xa comeza a dar os seus froitos.
O gol de Smolov ao Real Madrid, que á sobremesas valeu un punto aos galegos, deu a volta a Rusia e a súa fichaxe xa comeza a dar os seus froitos.
Smolov celebra o gol cos seus compañeiros Aspas e Olaza
Mostovoi e Karpin son nomes que xa por lidos ou escoitados traen á memoria un época dourada e celeste. O Celta de Vigo gozou durante anos de dous magos rusos que fixeron as delicias dunha inchada que nunca esqueceu o paso dos tsares por Vigo. Agora, un novo nome impronunciable e chegado da estepa siberiana, promete ser o herdeiro (aínda que as comparacións son sempre odiosas pero inveitables) dos ídolos sovieticos: Fyodor Smolov.
UNHA FICHAXE CON DÚBIDAS
Smolov chegou a Balaídos impoñéndose a un baile de nomes que prometían ser o tan ansiado nove que reclamaba Óscar García. Así, en vez se Santos Borrei ou Nolito, chegou a Vigo unha fichaxe inesperada que nun primeiro momento espertou moitas dúbidas. Para moitos un descoñecido; para os entendidos un talento vindo a menos. Os mellores anos de Smolov parecían quedarse atrás. Anos nos que o de Saratov pechaba as súas campañas con máis de 20 goles, co seu nome na axenda dos grandes clubs europeos e facendo grandes cousas coa súa selección, como apear a España da seguinte fase no pasado Mundial de Rusia.
Con todo, e aínda que os seus rexistros non son os que eran (no último curso co Lokomotiv de Moscova fixo 6 dianas; polas 14 da camapaña 17/18), parece que Smolov chegou a Balaídos co rifle ben calibrado. O seu gol ao Madrid demostra parte das súas virtudes: mobilidade, bo desmarque e fantástico un contra un. Con sangue frío adiantou ao Celta de Vigo no Bernabéu, un escenario inmellorable para estrearse despois de 100 minutos en branco. A iso, hai que sumar moito traballo e a capacidade de rematar calquera balón.
O seu gol deu a volta a Rusia, onde esperan con ansia que outro paisano irrompa na liga, onde Cheryshev é o último expoñente da camada de xogadores rusos que se abren paso no campionato español. Queda por ver se factores como chegar ao Celta a metade de campaña ou a adaptación ao país e ao idioma poden xogar na súa contra, pero de momento no campo xa demostrou que a lingua do gol a fala con soltura. Falta faralle ao cadro olívico, cunha preocupante falta de pegada esta campaña. Co rifle do tsar todo pode ser máis fácil.
Escribe o teu comentario