Pezas da Fundación Otero Pedrayo

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

A  idea de presentar cada mes unha peza da Fundación Otero Pedrayo está a ter un éxito rotundo. A estas alturas, no mes de febreiro, tratouse dunha peza de cerámica titulada “Gaucho dacabalo”,  deseñada por Luís Seoane. Para a presentación sempre escollen a un experto, que ten unha pequena  relatorio. Salvo algunha excepción, todos preparan de maneira didáctica a presentación, o que incentiva aos asistentes para facer preguntas e iniciar un debate final que é moi enriquecedor.


Nesta peza que nos ocupa saíu a empresa Celtia, que naceu da man do artista Díaz Pardo alá polo ano 1956 no Río da Prata. Márcaa 'Porcelanas de Magdalena' exportaba vaixelas e xogos de café, nas que o propio Isaac Díaz Pardo era o deseñador. Pronto entraron a traballar novos artistas como Luís Seoane, Laxeiro e Geno Díaz, pero deses deseños aínda sobrevive na Fundación Otero Pedrayo 'o  gaucho'. Seica caera ao chan varias veces, e nesas sufriu algunhas roturas. Por iso a Fundación  a conserva con moito coidado. Estas figuras fixéronse para ofrecer motivos característicos de Arxentina, mostrando a súa riqueza cultural. O relator invitado, Carlos L. Bernárdez, profesor, ensaísta e escritor galego, fixo unha exposición amena e intelixente, introducindo a obra presentada no contexto da fábrica en Arxentina. Tamén mostrou fotografías de moito interese histórico.


Con esta presentación xa son moitas as pezas que a Fundación Otero Pedrayo saca á luz pública, sen complexos. Entre elas quero destacar a pintura de Castelao 'O souto dos gatos', sempre de difícil interpretación, ou o mapa de Fontán, que preside o salón de Cásaa Museo de Trasalba. Este mapa presentado a María Cristina de Borbón en 1834, foi impreso en 1845, e segue sendo unha das mellores xoias patrimoniais.


Haberá que esperar outros obxectos nos próximos meses, que case sempre se presentan no Liceo ou en Trasalba, dous espazos espectaculares.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE