Residentes no estranxeiro denuncian ter que pagar para poder votar
As "irregularidades" no reembolso dos gastos do voto rogado , denunciadas por Marea Granate, será un dos aspectos que marcará o debate da prometida eliminación deste polémico sistema. Unha solución que garante que 'non votan os mortos' -como se sospeitaba sucedía antes- pero que provocou un esborralle brutal nas votacións da diáspora. Algo clave na competición política galega, pois na emigración están censandos máis de 400.000 votantes.

O colectivo Marea Granate volveu a denunciar irregularidades no reembolso dos envíos do voto dos españois residentes en estranxeiro, o que supón que en moitos casos deben pagar por poder exercer un dereito que é gratuíto.
Así figura no documento que entregaron recentemente ao Defensor do Pobo, Francisco Fernández Marugán, onde recollen as múltiples queixas que veñen recompilando dos españois no exterior á hora de poder participar nas distintas citas coas urnas.
O Defensor do Pobo manifestou en diversas ocasións o descontento cidadán ante a reforma da Lei Electoral de 2011 que introduciu o coñecido como 'voto rogado', que esixe aos españois residentes fose das nosas fronteiras para solicitar previamente o voto en cada convocatoria electoral.
Escribe o teu comentario