O presidente de Arxentina, Alberto Fernández, recibirá esta semana ao candidato socialista a presidir a Xunta de Galicia.
As "irregularidades" no reembolso dos gastos do voto rogado , denunciadas por Marea Granate, será un dos aspectos que marcará o debate da prometida eliminación deste polémico sistema. Unha solución que garante que 'non votan os mortos' -como se sospeitaba sucedía antes- pero que provocou un esborralle brutal nas votacións da diáspora. Algo clave na competición política galega, pois na emigración están censandos máis de 400.000 votantes.