Dobre de votos na emigración para as autonómicas do 18F
Aínda se espera o reconto de votos por correo segundo informa a CERA para o 18F
O voto dos e as galegas residentes no exterior, sobre todo en América Latina, ofrece unha participación de 12.514 votos emitidos en urna. Aínda non se contaron os votos emitidos por correo.
En Arxentina contáronse 7.035 votos (o 4.6% das persoas censadas) dividos así: 2.535 votos correspondentes á provincia da Coruña; 2.146 votos para a provincia de Pontevedra, 1.192 para Ourense e 1.149 votos para Lugo.
En Uruguai contáronse 2.377 votos, un 6,3% do censo. Por provincias, 1.216 votos corresponden á Coruña, 737 a Pontevedra, 212 a Ourense y153 Lugo.
Dentro da comunidade galega de Venezuela votaron 1.816 persoas (7 % do censo). A repartición é de 578 sufraxios para A Coruña, 551 para Ourense, 468 para Pontevedra e 219 para Lugo.
En Francia votaron 1.286 persoas (13,3 % do censo). A repartición é o seguinte: Ourense 457 votos, Pontevedra con 403 votos, A Coruña leva 287 votos e Lugo 137 votos.
Os datos aparecen no perfil da rede X do xornalista da TVG, Alfonso Hermida.

Escribe o teu comentario