Unha edila de Touro cobrará 2.283 euros ao mes por cinco horas de dedicación, denuncia a oposición
A maioría absoluta do PPdeG permítelle sacar adiante a dedicación parcial para Adela Iglesias, concelleira de Educación, Cultura e Deportes. Segundo datos facilitados por Marea Veciñal de Touro, cobrará 27.400€ ao ano por unha xornada de cinco horas, "seguridade social a parte". "Tan cara como innecesaria", di o BNG.

Goberno do PP en Touro, co alcalde Codesido ao seu lado e Adela Iglesias ao seu lado
Este grupo da oposición alega que Iglesias carece de experiencia na área asignada. É máis, cualifican o seu soldo de "pelotazo", "insulto á veciñanza" e asalto á banca publica.
De paso critican o labor de Iglesias ata o de agora, como o seu rexeitamento a un novo recoñecemento doutro tramo do Camiño de Santiago. O percorrido da vía xacobea é clave na loita dos críticos contra a reapertura da mina de Touro.
O BNG tamén criticou publicamene a dedicación parcial aprobada, ao considerala "tan cara como innecesaria". Por agora nin o Concello nin o PP responderon nos medios ás acusacións da oposición.
Escribe o teu comentario