​A investidura podería chegar antes de 2020: o Congreso habilita os días 28, 29 e 30 de decembro

A Mesa do Congreso, en vistas de que o acordo entre PSOE e ERC pode desbloquear de maneira definitiva a investidura de Pedro Sánchez, habilitou o sábado e o domingo desta semana e o luns da próxima para celebrar sesións plenarias.


|

A Mesa do Congreso, en vistas de que o acordo entre PSOE e ERC pode desbloquear de maneira definitiva a investidura de Pedro Sánchez, habilitou o sábado e o domingo desta semana e o luns da próxima para celebrar sesións plenarias.


O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, responde o presidente de Cidadáns, Albert Rivera, durante a sesión de control ao Goberno en funcións, en Madrid (España) a 11 de septie



Se se acaba convocando nesas datas o debate de investidura, Pedro Sánchez pode ser investido antes de final de ano. Con todo, o apoio de ERC, aínda que é fundamental, non é definitivo para lle investidura, xa que algunhas forzas, como o BNG, aínda esperan unha negociación cos socialistas para dar o seu apoio.


A idea de celebrar a sesión de investidura antes de Noitevella inclúe precisamente debates os días 27 e 28 e segunda votación o luns 30, pero polo que poida ocorrer en Madrid xa se curaron en saúde habilitando estes días para poder ter todo controlado.


Segue lendo a noticia en Catalunyapress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE