Alerta por nevadas en varias provincias cunha cota que baixará ata os 600 metros

|

A neve pode complicar a circulación nas estradas do interior que pasen por encima dos 600 metros, tanto hoxe luns como mañá martes.


Segundo informou este luns a Delegación do Goberno nun comunicado, esta medida adóptase ante as predicións emitidas pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e irase actualizando en función dos partes meteorolóxicos que emita AEMET durante esta xornada.

Neve na provincia de Lugo.


En concreto, segundo as predicións meteorolóxicas, desde as 9,00 horas deste luns e ata as 00,00 horas deste martes, día 17, "poderían producirse acumulacións de neve superiores aos 20 centímetros en 24 horas na montaña de Lugo e Ourense a partir dos 1.000 metros", indica a Delegación.


Alerta por nevadas AEMET luns

Mapa de alerta da AEMT para este luns, as alertas laranxas corresponden a neve no interior e a temporal na costa 


Además, a cota de neve baixará ata os 600 metros de acordo co Protocolo de Coordinación de Actuacións, polo que a Delegación do Goberno mobilizará "todos os recursos dispoñibles en ambas as provincias para neutralizar os efectos do temporal de frío e neve nas estradas" e notificou esta previsión aos organismos implicados en materia de vialidad e tráfico do Estado (Demarcación de Estradas, Garda Civil e Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste), así como ao resto de administracións. 


ALERTAS NOS PRÓXIMOS DÍAS

Para o martes mantense a alerta laranxa por neve na maioría das comarcas das provincias de Ourense e Lugo. O mércores xa non haberá alertas laranxas, pero se alertas amarelas por vento e choiva en todo o país.

"O obxectivo é garantir a máxima fluidez posible de tráfico mantendo as infraestruturas de transporte de competencia estatal en condicións de uso", subliñou a Delegación do Goberno.

Nos centros de conservación de estradas do Ministerio de Fomento situados na provincias de Lugo e Ourense están actualmente dispoñibles 63 máquinas quitanieve, ademais de 14.800 toneladas de sal e 2.625 metros cúbicos de salmoira almacenadas inicialmente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress