Unha nova cultura da auga

Marcos Cal
Voceiro de Medio Ambiente do Grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia

Marcos Cal (A Lama, 1976) é voceiro de Medio Ambiente do Grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia e secretario de Acción Institucional e Participación Social do Consello de Coordinación de Podemos Galicia.

O 28 de Xullo do 2010 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recoñeceu o dereito humano á auga e ao saneamento. A auga é un elemento chave de vida a nivel da biosfera, un ben necesario e insustituible e que debe ocupar o centro das nosas preocupacións/ocupacións no actual contexto de cambio climático e de emerxencia medioambiental, pois a auga é o principal vector de afección social e ambiental derivado do cicro de cambio climático en curso.


O carácter vital e esencial da auga esixe un modelo de xestión dende a perspectiva do ben común, razón pola que, á hora de escoller un marco de xestión para a auga, é obrigado optar por aquel que garanta de forma eficaz o cumprimento deste dereito.


A directiva Marco de Auga, directiva europea de obrigada trasposición ós paises membros, é moi clara á hora de sinalar que é urxente priorizar unha boa xestión do cicro integral da auga, comezando polo seu coidado ecosistémico, garantindo cantidade e calidade, a eficiente xestión do abastecemento, evitando as perdas nas infraestructuras, e unha depuración das augas residuais tamén baseado na eficiencia. E todo isto baixo o obrigado principio de precaución fronte ó cambio climático, e priorizando o coidado ecosistémico. Pois todas entenderemos que de pouco serven as presas e as infraestructuras de xestión se non contamos con suficiente auga de calidade.


O mellor antídoto contra a crise medioambiental que asola Galicia é pasar da vella xestión da auga como recurso a unha moderna xestión ecosistémica. Recuperando o bo estado ecolóxico das augas tal como fixa a Directiva Marco de Auga.


A práctica totalidade de problemáticas medioambientais que salpican o noso territorio teñen como nexo común a auga. Así, a mina de Touro comprometería a vida no Ulla á vez que provocaría un gravísimo impacto na ría de Arousa. A eucaliptización está convertindo os nosos montes nun gran deserto verde. O colapso do modelo de xestión de residuos de Sogama está espallando vertedoiros por todo o país, os cales, ademáis de xerar moitísimas molestias á veciñanza, están contaminando o patrimonio hidráulico. Tamén hai proxectos como o que se pretende facer en Tameiga coa cidade deportiva do Celta, Monte Cabral ou o pretendido campo de Baredo, que supoñen unha agresión ás reservas de auga. Por non falar da multitude de EDARes espalladas polo país que funcionan deficientemente, vertendo directamente augas sen xestionar. Ou a multitude de agresións producidas por actividades productivas que deben pasarse á necesaria nova cultura da auga.


Unha nova cultura da auga que pase da xestión da oferta á xestión da demanda, polo aforro e a concienciación, dende a racionalidade económica. É preciso centrar os esforzos en deseñar extratexias de prevención e xestión de novos ciclos. Como é obrigado, cumprir coa Directiva Marco de Auga, facendo unha aposta decidida pola recuperación do bo estado ecolóxico de todas as nosas augas. Dotar de instrumentos orzamentarios ós nosos concellos e aplicar con rigor o principio de precaución fronte ó cambio climático.


Unha verdadeira transición hidrolóxica que debe afrontarse como un gran reto de país, dende a xestión do cicro integral 100% público. Pois xa vimos a onde nos levou a mercantilización da auga: a unha porcentaxe de fugas inadmisible, a infraestructuras obsoletas, ao abandono da necesidade de abordar a auga en todo o seu cicro. E moita, moita, moita corrupción. É urxente. A auga debe deixar de ser un negocio. A auga é un dereito que agarda ser tomado en serio.


Portapegocontaminaciontourofontediaz


Río Portapego contaminado baixando por Touro


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE