O condutor que deu positivo no accidente no que faleceu unha moza, investigado por "homicidio por imprudencia"
O condutor implicado no accidente no que morreu unha moza na madrugada do pasado domingo no municipio do Pino (A Coruña) foi investigado por homicidio por imprudencia.
O condutor implicado no accidente no que morreu unha moza na madrugada do pasado domingo no municipio do Pino (A Coruña) estaainvestigado por homicidio por imprudencia.
Estado do vehículo sinistrado
Segundo informaron fontes da investigación, os dous delitos
que se lle imputan ao condutor do vehículo no que faleceu unha mosonza
condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas --tras obter 0,50 e 0,54 ml/l-- e homicidio por imprudencia.O sinistro tivo lugar sobre as 3,30 horas do domingo no límite dos municipios coruñeses de Touro e O Pino. A persoa que alertou indicou que o coche sinistrado estaba envorcado na cuneta e sacaran a unha muller ferida, mentres que dentro había outra persoa inconsciente e atrapada.
Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Arzúa para rescatar á vítima mortal deste accidente, unha moza de 20 anos de idade. A outra moza, de 22 anos, resultou ferida e foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago. Mentres, o condutor do coche, de 27 anos e que obtivo resultado positivo na proba de alcoholemia, resultou ileso.
As dilixencias levadas a cabo pola Garda Civil foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Arzúa.
Escribe o teu comentario