Extel (Adecco) despide traballadores "por enfermar", denuncian varios sindicatos

Os traballadores e traballadoras de Extel, do grupo Adecco, están chamados a secundar unha xornada de folga de 24 horas o luns, día 9, contra os despedimentos "por enfermar", segundo infor   

man a CIG e CCOO.

|

O sector do telemarketing galego empeza a sufrir as consecuencias da doutrina do Consitucional que, aplicando a Reforma Laboral, permite despedir operarios que sufran certo número de baixas médicas


Os traballadores e traballadoras de Extel, do grupo Adecco, están chamados a secundar unha xornada de folga de 24 horas o luns, día 9, contra os despedimentos "por enfermar", segundo informan a CIG e CCOO.



Unha pasada manifestaciu00f3n en 2016 de traballadores de Extel nunha foto da CIG



En concreto, segundo denuncian, son "xa catro os despedimentos en menos dunha semana" xustificado a empresa a súa decisión "en que o Estatuto dos Traballadores ten desde hai case 40 anos un artigo que permite isto e que a reforma laboral de 2012 endureceu substancialmente a súa aplicación ao suprimir a referencia ao volume de ausencias totais no centro de traballo".

Tanto CCOO como a CIG anuncian a convocatoria de unha folga de 24 horas este lunes en rexeitamento tamén ás modificacións que, segundo explican, "impuxo a empresa sobre os repousos médicos e o uso das horas médicas".

"A empresa non admite agora os xustificantes médicos por repouso, tal e como era costume desde hai anos, obrigando así ao persoal para coller baixas dun día co único fin de executar despedimentos por absentismo".






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE